O goberno da Xunta tenta repetir con ELNOSA o mesmo que fixo con ENCE, cambiando a lei se é necesario

Luís Bará
  • O deputado por Pontevedra, Luís Bará  afirmou que o goberno galego mantivo reunións coa empresa para facilitar a súa permanencia tras o remate da concesión ao igual que fixo con ENCE  e recalca que o goberno municipal de Pontevedra continuará “coa batalla política” para impedir que isto suceda

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará acusou hoxe ao goberno galego de “facer leis para beneficiar intereses privados en contra do interese público beneficiando a empresas contaminantes” e condenadas por delitos ecolóxicos, en alusión ao complexo de ENCE nas marismas de Lourizán.

O deputado acusou aos conselleiros de Medio Ambiente, Beatriz Mato, de Economía, Francisco Conde a o vicepresidente, Alfonso Rueda de manter reunións “segredas” con ELNOSA para “cociñar a súa permanencia máis alá do ano 2018”.

A través dunha pregunta, Bará interpelou á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato sobre   reunións  entre a Xunta e a empresa propietaria de ELNOSA e preguntou se  pretenden  repetir con ELNOSA - “ o mesmo atentado que fixeron con ENCE”.  Qué vai facer o goberno galego para que ELNOSA permaneza 60 anos máis despois da caducidade da súa concesión?. Cambiarán a lei se é necesario?,volveu preguntar.

Pola súa parte, Mato respondeu  que o Goberno galego “cumprirá coa legalidade como fixo sempre” ao que o deputado replicou que o PP sempre responde da mesma maneira, da igual que sexa sobre os orzamentos do Estado ante o último recortazo para Galiza , a prorroga a ENCE por 60 anos, ou  a AP-9. O Partido popular de Madrid, “ordena e o partido popular galego obedece” afirmou. Neste sentido, lembrou as tentativas dende os goberno liderados por Manuel Fraga de impoñer a permanencia das industrias contaminantes na ría de Pontevedra. Primeiro, explicou co proxecto sectorial de incidencias supramunicipal para  finalmente tentar “derrubar o goberno municipal cun asalto incluído do sindicato amarelo que é o seu brazo sindical”.

Despois do ano 2009, Feijóo afirmou que “non cabe a posibilidade de manter ENCE na ría. Non imos dicir unha cousa e facer a contraria”. Pois ben, ironizou Bará, isto chámase “manter a palabra, Sr.Feijóo”. O deputado tamén fixo referencia ás Directrices de Ordenación do Territorio, (DOT) e o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e incluso a proposta do Partido popular para o traslado da fábrica pero chegou o PP de Madrid, as empresa do IBEX e os consellos de administración das portas xiratorias e deixaron claro quen era o que mandaba  polo que  aprobaron a “modificación da lei de Costas e a ampliación da concesión a ENCE por 60 anos máis”. Agasallaron a empresa con 600 mil metros cadrados de dominio público marítimo terrestre, pero, advertiu, o  concello de Pontevedra seguirá coa súa batalla política recorrendo a todas as instancias para impedilo.

O deputado lamentou a resposta da conselleira de Medio Ambiente á que acusou de tramitar a autorización ambiental integrada, “déronlle prorrogas a pesar dos incumprimentos e irregularidades ambientais da empresa” e agora permanecemos a espera de ser informados sobre o novo emisario e depuradora de Praceres anunciada por vostede para o primeiro trimestre deste ano da que “nada sabemos”. No caso de ELNOSA, afirmou Bará, levan o “mesmo camiño que con ENCE”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG