Galiza Nova difunde as 50 medidas para liberar a mocidade galega

Reparto no IES Torrente Ballester (Pontevedra)
Reparto no IES Torrente Ballester (Pontevedra)

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG vén de publicar as “50 medidas para liberar a mocidade galega” dentro da súa campaña “Rebélate, Organízate e Loita”. No día de hoxe, tiveron lugar repartos en diversas vilas e cidades do país como Vigo, Compostela, Ribeira, Lugo e Pontevedra coa intención de dar a coñecer as 50 medidas.

A intención das mozas e mozos de Galiza Nova con esta nova campaña é, en palabras do seu Secretario Xeral, Alberte Fernández, “organizar a rebeldía e loitar por un futuro mellor para a mocidade na nosa terra”. Declarou ademais, que con estas 50 medidas pretenden achegar á mocidade “as respostas que desde o nacionalismo temos aos problemas que vivimos día a día no noso país”. Deste xeito, as medidas presentadas por Galiza Nova o pasado 12 de outubro, pretenden dar solución aos problemas que afectan directamente á mocidade, como poden ser a precariedade laboral, a emigración ou o ensino. Neste senso, Alberte Fernández comentou que “non podemos permitir que se siga recortando en materia de ensino, e que se nos impida vivir as nosas vidas na nosa lingua.” 

Alberte Fernández fixo un chamamento á mocidade galega “a rebelarse e loitar polos seus dereitos”, pois considera que “é fundamental que nos organicemos para acadar a Galiza que queremos, con plena liberdade e soberanía”. Segundo Fernández, “o pobo galego leva demostrando desde hai moitos anos que non se resigna” e afirmou que “proba disto foron as mobilizacións históricas contra os lumes”, que tiveron lugar o pasado luns. Fernández entende que para conseguir “os dereitos que nos merecemos como pobo, precisamos de sobernía nacional”, así como “contar con politicas ao servizo do pobo e das clases populares e non das grandes empresas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG