Olalla Rodil: "Galiza non precisa unha universidade privada ao servizo da banca"

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil pide a Feixóo que se poña do lado do sistema universitario público en lugar de defender as iniciativas privadas de ABANCA

En relación á posta en marcha dunha universidade privada auspiciada por ABANCA, a viceportavoz parlamentaria expresou a “preocupación” do BNG pola decisión da Xunta de continuar con ese proxecto despois de que as tres universidades públicas, a través dos seus reitores, manifestaran o seu rexeitamento a este proxecto no Consello Galego de Universidades.

“Suporía grandes distorsións e duplicidades no Sistema Universitario Galego e prexudicaría ás tres universidades públicas que levan anos soportando recortes e restricións orzamentarias e duras decisións políticas da Xunta que as obrigan a introducir mudanzas no mapa de titulacións sen apoio económico”, explicou Rodil.

Semella que o PP “ten máis vontade por facilitar os desexos de ABANCA que por escoitar e defender os dereitos e intereses das universidades públicas do noso país”, criticou, para instar ao Goberno de Feixóo “a non pregarse” aos intereses dunha entidade financeira privada, que escoite a comunidade universitaria galega e defenda o sistema público de universidades.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG