Fomento dí a BNG que o expediente a AUDASA inclúe un Plan de Ación pero non a suspensión da concesió

eva10S4002O Secretario Xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, respostou este mediodía á deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, que o expediente aberto a AUDASA pola mala xestión da AP-9 contempla un Plan de Acción con melloras pero que previamente ten que pasar o trámite de audiencia previa coa concesionaria a quen lle exporán as conclusións do expediente.

En ningún caso, o borrador de expediente contempla a suspensión da concesión á AUDASA pola súa ineficaz xestión da principal vía vertebradora de Galiza, nin tampouco un réxime sancionador. Manuel Niño afirmou na súa resposta a Rosana Pérez que as instrucións inclúen un Programa de Inspeción de Peaxes en varios puntos, o estudo da concesión, o estudo dos problemas en todas as áreas de peaxes, a mellora do cobro das peaxes, sendo partidario Fomento de incentivar o telepeaxe, a mellora de infraestruturas da AP-9, especialmente nas áreas de peaxe, entre outras medidas enunciadas ao BNG.

Un Plan de Acción que cuantificou en 22 millóns de euros, dos cais 14 millóns estarían destinados ao arranxo do estado da vía, e o resto para o acceso ás peaxes.

A deputada do BNG dirixíase na Comisión de Fomento ao Secretario Xeral de Infraestruturas para preguntarlle se estaba resolto por fin o expediente aberto a AUDASA. Na súa intervención, Rosana Pérez lembrou de novo as colas quilométricas rexistradas este pasado verán que mantiveron a miles de conductores galegos atrapados.

A deputada do BNG lembrou as declaracións da Ministra quen dixo que “velaba polos intereses dos cidadáns” e incluso que “non lle temblaría o pulso para proceder á suspensión da concesión”, palabras que Rosana Pérez cualificou como “feitas para a galería”. Explicou que o problema da mala xestión da AP-9 ven de lonxe e segue pendente de resolución. “É das autoestradas más caras e das que más recadan a pesar da perda de usuarios”. De novo, puxo de manifesto a falla dun programa de descontos na AP-9, peaxes abusivas, mala calidade do servizo e subliñou que este verán “vimos como distintas administracións se pasaban a pelota unhas a outras, pero chegamos a escoitar ao mesmo Conselleiro dicer que “se a Xunta xestionara a AP-9 o faría mellor”.

Quen vai custear os 22 millóns do Plan de Acción? Cando?, preguntou Rosana Pérez

“Como vostede dixo agora aquí, no borrador de expediente comentado aconséllanse investimentos de 22 millóns de euros para arranxar a vía e os accesos ás peaxes. Cando se van investir? Quen o vai custear?”.

Manuel Niño non deu unha resposta clara en relación a ambas cuestións. Sinalou que o prazo dependía da concesionaria, e no relativo a quen vai pagar o investimento, optou pola calada por resposta.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG