Ana Pontón

Fai falta unha posición de país fronte a discriminación de Galiza nos Orzamentos de PSOE-Podemos-En Marea

Ana Pontón
Ana Pontón

Lembra que cando o BNG condicionaba os Orzamentos do Estado, Galiza recibía  inversións que superaban os 2.000 millóns de euros

Pide a Feixóo que dea un paso adiante na reclamación de competencias

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reivindicou hoxe “unha posición de País” ante uns orzamentos do Estado “decepcionantes e discriminatorios” para Galiza pactados no Congreso por PSOE, Podemos e En Marea.

Para a nacionalista, os orzamentos  do Estado  son “decepcionantes, discriminan a Galiza e non recuperan os dereitos  roubados durante os anos” baixo a escusa da crise. Dende o ámbito social, os orzamentos tampouco colman as aspiracións e expectativas do BNG, “son unha labazada na cara de todos os galegos e galegas”, sentenciou.

Na vida, explicou , só hai algo peor que tragar sapos, dicir que saben ben e ao BNG non lle saben ben as contas do Estado e rexeitamos os  orzamentos porque representan “un agravio” para o noso país e “unha mostra máis da irrelevancia política á que nos conducen as forzas estatais”  unha vez máis son “inútiles” para defender os dereitos dos galegos e galegas. Pontón lembrou que cando o BNG condicionaba os orzamentos do Estado,  Galiza recibía inversións por riba dos  2.000 millóns de euros.

Outras forzas políticas, engadiu, si condicionan en favor dos seus territorios como demostran as inversións no Estado español que soben un 14% mentres en Galiza, baixan un 19%” facéndonos retroceder até  17 anos mentres outros territorios crecen, en Andalucía  un 43,5%, 2.133 millóns de euros, Catalunya sube un 51,8%, máis de 2.000 millóns de euros, Valencia un 10% con 1.189 millóns de euros, Castela-León supera o 9% con máis de 1.000 millóns de euros mentres que en Galiza as “inversión son paupérrimas” e pagaremos máis impostos.

GALIZA NON QUERE MIGALLAS

Tampouco son orzamentos sociais porque a falta de investimento en Galiza, frean a creación de emprego, lastran a articulación do país pola falta de modernización do ferrocarril no interior, non abordan a total  rexeneración das rías, sigue pendente o pago de 186 millóns de euros da débeda en dependencia, e non recupera  o poder perdido das pensións, que continúan sendo as  “segundas máis baixas de todo Estado”.

Para cambiar esta situación, reiterou  a nacionalista, é preciso defender no Parlamento galego “unha posición de país” deixando atrás os partidismos. Nesta liña, avanzou que o BNG defenderá no primeiro pleno da Cámara galega unha proposición non de lei para articular esa posición baixo tres eixos: “ Expresar a oposición do Parlamento galego ao proxecto de orzamentos do Estado que dan continuidade ao  agravio do Executivo de Raxoi, que todos os deputados e deputadas galegas no Congreso  formulen  unha emenda á totalidade e establecer unha negociación co goberno para incorporar, como mínimo, os investimentos do ano 2009 que superaba os 2.000 millóns de euros, e por último, poñer sobre a mesa prioridades, o rescate da AP-9, derrogar a prorroga de ENCE e que o Estado asuma as obras do porto exterior da Coruña.

A portavoz do BNG sumou ás reclamacións o traspaso da titularidade do Pazo de Meirás despois de meses de espera por unha resposta do goberno de Sánchez, a creación dunha tarifa eléctrica galega para rebaixar a luz a particulares e empresas, un plan contra a desindustrialización, recuperación dos ríos galegos e compromisos sobre as transferencias.

TRAVESTISMO POLÍTICO DE  FEIXÓO

A preguntas dos xornalista sobre a petición de competencias formulada polo presidente da Xunta, Pontón afirmou que “Feixóo non pediu ningunha transferencia” durante 10 anos e rectificar sempre é bo. Neste sentido, manifestou que é o momento de priorizar as competencias en materia de tráfico, portos e aeroportos, así como  en lexislación laboral para mellorar as condición dos traballadores e traballadoras galegas.

Ademais, resulta fundamental  o control económico e temos o caso de Euskadi cun concerto económico que lles permite xestionar os seus recursos. Dende o BNG consideramos que Galiza debe aspirar a un modelo destas características. Esperamos que Feixóo, “agora que quere igualarse a Euskadi, non dea un paso atrás” e reclame a autonomía financeira para o noso país porque de non ser así, estaremos ante “unha nova pirueta” e unha política a golpe de titulares e de “travestismo” porque  despois de pactar con VOX síntese avergoñado e quere simular que non ten nada que ver cos pactos cunha forza política de extrema dereita, que entre outras cousas, pide que se supriman as autonomías.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG