Parlamento Galego

Ethel Vázquez responde a unha pregunta do BNG que a execución de investimentos do Estado no 2016 “foi baixa”

Luís Bará
  • O deputado do BNG, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno polo nivel de execución dos investimentos en Galiza nos Orzamentos do Estado que cualificou de “alarmantemente baixos” os niveis de execución dos investimentos en Galiza nos Orzamentos do Estado que situou  nun total do 16%  das empresas públicas que xestionan 1.000 M€ e un 13,4% no caso do ADIF

Santiago de Compostela, 28 de decembro, 2016. Pleno.- O deputado do BNG, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno pola execución dos investimentos en Galiza nos Orzamentos do Estado no primeiro semestre do ano 2016. O parlamentario cualificou de “alarmantemente baixos” os niveis de execución situando nun 16% o total das empresas públicas que xestionan mil millóns de euros e nun 13,4% a execución  do ADIF, “responsable das infraestruturas ferroviarias”.

Para Luís Bará, a situación é de “parálise de infraestruturas vitais para o desenvolvemento de Galiza” e con consecuencias graves na economía xa que a obra pública, explicou, resulta un elemento fundamental para a dinamización económica e creación de postos de traballo. O deputado  considerou que os baixos niveles de execución dos investimentos representan “o incumprimento dos compromisos do goberno en canto aos prazos de construción” entre os que destacou   a conexión ferroviaria coa meseta, sendo anunciado o seu remate, “máis alá do 2018”.

O parlamentario lembrou que esta parálise foi xustificada polo propio Feijóo culpando ao Goberno do Estado polo bloqueo político ao longo do 2016 tras as eleccións de decembro do 2015. Sen embargo, dixo, isto “é unha escusa” xa que os gobernos en funcións toman decisións  e mesmo fora das súas competencias como aconteceu coa prorroga de ENCE ou REGANOSA.

Pola súa parte, a conselleira de Ordenación do Territorio, Ethel Vázquez coincidiu co deputado do BNG nos baixos niveles de execución dos investimentos , “estou dacordo coa súa reflexión”, respondeu a conselleira que tamén salientou  a baixa execución do ADIF aínda que defendeu as melloras nas liñas de ferrocarril, horarios e percorrido. Asemade, engadiu,  todos os treitos do Ave con conexión a Madrid, excepto a variante de Ourense, están  “feitos ou en obras” pero hai que recoñecer que “resta moito traballo por facer”. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG