Galegas 2016

Ecoloxistas históricos e novos apoian a candidatura de Manolo Soto e Ana Pontón

Ecoloxistas históricos, xunto a activistas de recente incorporación, reúnense en Santiago de Compostela en apoio a Manolo Soto, quen, con case 30 anos de labor continuado na defensa do medio ambiente, integra hoxe a candidatura do BNG ás eleccións galegas pola provincia da Coruña.

Todas e todos están traballando pola defensa ambiental do país fronte a propostas agresivas ao medio e á sociedade. Coa súa actividade conseguiuse ampliar e mellorar a conciencia ambiental da sociedade e frear propostas lesivas e insostibles. Loitas como a dirixida a evitar a proliferación de encoros ou de plantas de celulosa na costa, a diminuír a contaminación do aire o das augas, a conservar especies e espazos de interese, a construción de máis incineradoras de residuos, ... serviron para que este país non acadara maiores cotas de deterioración ambiental. Hoxe apostan pola presenza de Manolo Soto e do BNG no parlamento galego como garante de defensa ambiental.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG