GALEGAS 2016

Dedicaremos o 7% do PIB galego ao ensino público

Ana Pontón visita a cociña da Escola infantil de Ames
Ana Pontón visita a cociña da Escola infantil de Ames
Dedicaremos o 7% do PIB galego ao ensino público
  • Ana Póntón: “Investir en educación é investir en futuro”
  • A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou hoxe a escola infantil de Ames onde o BNG, dende hai dez anos, puxo en marcha a xestión directa dos comedores escolares apostando pola calidade da alimentación fronte a concertación con empresas privadas

Ames, 5 de setembro, 2016.  A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón, visitou hoxe a Escola infantil do concello de Ames na que dende hai dez anos, o BNG puxo en marcha a xestión directa dos comedores escolares que distribúen entre os diferentes centros educativos a comida.   “É unha cuestión de vontade política elixir entre a xestión directa dos comedores escolares ou o conflitivo modelo de catering” afirmou Ana Pontón.

Investir en educación é investir en futuro

Ante os medios de comunicación a candidata nacionalista,  tras denunciar cos continuos recortes do Partido popular  no sistema educativo que sigue privilexiando os centros privados fronte os públicos,  avanzou as liñas do BNG en materia de educación das que dixo “inxírense dentro dun ambicioso plan de rescate dos servizos públicos”, investindo en educación que é o mesmo, remarcou, que “investir en futuro”. Neste sentido propuxo para a vindeira lexislatura investir  “o 7% do PIB para o ensino público”, recuperar o profesorado recortado nestes últimos anos, “3.000 profesores e profesoras”, reducir as ratios dentro dos centros escolares e contar cun Goberno galego que “non aplique a LOMCE”.

A candidata nacionalista manifestou  que o BNG traballa por “un ensino laico, de calidade e con recursos” atendendo ás necesidades non só das zonas urbanas.

“A Xunta debe xestionar o servizo de comedor e garantir o transporte público en todo o país” polo que é necesario que exista unha lei que garanta o transporte escolar e elaborar unha “nova normativa de comedores” que garanta que o alumnado transportado teña dereito ao comedor escolar con prezos razoables para as persoas que non teñan dereito a gratuidade nos comedores.

Pontemaceira será BICO BNG pide a declaración BIC para  Ponte Maceira

Entre as demandas locais do Concello de Ames,  a candidata do BNG lembrou que a Xunta comprometeu a construción dun CEIP en Milladoiro e debe ser posto en valor Ponte Maceira a través da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), así como  impulsar o camiño de Santiago a Fisterra.