Compromiso coa mocidade: Carnota inaugura a súa Casa da Xuventude e local de ensaio

unnamed
Local de ensaio de Carnota

O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: o pasado venres inaugurouse en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a Casa da Xuventude de Carnota, unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso.

17349965_451221671935880_8978110881548333112_oPara este proxecto o Concello de Carnota acondicionou un local municipal en desuso sito en Lamas de Castelo. Despois de varios meses de traballos, que contaron coa axuda da Deputación da Coruña, por fin esta noite, 24 de marzo terá lugar a inauguración das instalacións por todo o alto, para o que se contou coa colaboración imprescindible da Asociación Gremio de Músicos de Carnota. A cita arrincará ás 20:00h cunha Churrascada (é necesario anotarse previamente en gremio.musicos.carnota@gmail.com), tras o que se desenvolverá unha charla sobre as as actividades da asociación e o funcionamento do novo local de ensaio. Logo, por suposto, haberá sitio para a música en vivo coas actuacións de Carlos Arcay, presentando o seu novo traballo Genesis, e a banda local URD, presentando Liitus. Tamén está prevista a colaboración da escola de música municipal e mesmo unha jam session aberta a quen queira subir a tocar.

O BNG de Carnota congratúlase ante este novo servizo público que o Concello prestará desde hoxe á súa mocidade, agardando que sexa do seu gusto, e comprometémonos a seguir mellorando a oferta dirixida á veciñanza máis moza, pois nela reside o futuro do noso Concello.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG