Congreso

A CIAF recoñece, en resposta ao BNG, que é preciso complementar a investigación sobre o accidente de Angrois

Vítimas Angrois
Vítimas Angrois
O BNG salienta que é preciso abrir unha nova investigación verdadeiramente independente que estabeleza todas as responsabilidades.

A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios acaba de recoñecer na resposta a unha pregunta escrita do deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, que é necesario “realizar algunha actuación ou análise adicional ao informe, que, sen pór en cuestión o realizado, profundice ou aclare as dúbidas que se suscitaran”.

O BNG entende que é preciso realizar unha nova investigación realmente independente dado que no momento en que a CIAF a realizou este organismo dependía do Ministerio de Fomento, que era tamén administración investigada. Ademais, hoxe existen novos elementos, que xa fan parte do proceso xudicial, especialmente a información sobre as ordes de borrado de datos sobre o estado do tren o mesmo día do accidente. Con todo, para o BNG é significativo que a CIAF recoñeza que a investigación non está completa.

No pasado mes Néstor Rego e Ana Miranda, no momento de presentar a iniciativa parlamentar salientaban “que é imprescindíbel que se depuren as responsabilidades técnicas e políticas do accidente do Alvia”. Para o BNG resulta necesario que o Consello de Ministro aprobe un plan de acción que dea resposta ao procedemento de infracción aberto hai un ano pola Comisión Europea por incumprimento da normativa europea de seguranza ferroviaria, que debe ser dotado co correspondente orzamento para executalo. Cabe lembrar que este procedemento de infracción foi consecuencia da denuncia presentada na UE pola representante do BNG en Europa, Ana Miranda.                                                                   

O BNG insiste na necesidade de que, para garantir unha investigación verdadeiramente independente sexan remudados os membros da CIAF, porque as mesmas persoas que realizaron a anterior investigación ao ditado de Fomento non garanten que así sexa.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG