parlamento galego

Carmela González reclama intervir publicamente Barreras para garantir o futuro das auxiliares

Carmela González
Carmela González
A deputada nacionalista comparou a situación do estaleiro cun “culebrón” dos anos 80 no que non faltan infortunios, intrigas, segredos e malos que  que ao final rematan na cadea

A parlamentaria do BNG, Carmela González formulou hoxe unha pregunta ao conselleiro de Economía, Farncisco Conde sobre as previsións da Xunta para salvar o estaleiro vigués Barreras. A deputada preguntou se a Xunta baralla unha  “intervención pública” ou  seguirá financiando con diñeiro público un estaleiro sen carga de traballo nin emprego. Dende o BNG dicimos que “non” a ese financiamento ante as incertezas e  falta de seriedade do proxecto empresarial. Hoxe, máis que nunca e o momento de “intervir publicamente Barreras”, recalcou a nacionalista.

Pola súa parte o conselleiro eludiu responder a cuestión formulada pola deputada e lembrou que a Xunta sempre estivo colaborando para garantir o futuro de Barreras. Carmela González replicou  que a situación do estaleiro vigués cada día parécese máis a un “culebron” da década dos 80 porque eran moi longos,  con centos de capítulos nos que non pasaba nada e se pasaba era un infortunio  para a desgraciada protagonista, que paradoxicamente sempre era unha muller; había “intrigas; segredos e  malos que ao final  que remataban na cadea”.  A esperanza daqueles históricos culebróns, dixo,   e que sempre remataban ben, esperamos que con Barreras pase o mesmo, pero  nestes momentos somos bastante escépticos, confesou.

Hoxe, explicou a deputada viguesa, traemos a Cámara galega o último capítulo deste culebrón: o “Evrima” que  saíu do estaleiro a semana pasada para ser pintado en Santander deixando a Barreras  sen carga de traballo e o persoal das auxiliares abandonando as instalacións. Non lles deixan nin retirar o material,  creando unha grande incerteza nas empresas.

O traballadores que quedan no estaleiro vanse adicar a acondicionar o taller e o almacén e achatarrar os casos dos Havia porque non hai garantía, nin prazo para a volta do  Evrima.

A  deputada culpabilizou da mala xestión empresarial a situación de Barreras dende hai anos, máis tamén son “culpables”, afirmou  “os gobernos autonómico e estatal” pola súa pasividade e  falta de plans de futuro para o naval galego.

Coñece vostede, Sr. Conde, a situación actual do estaleiro? Sabe que  as débedas contraídas con 36 auxiliares alcanzan os 24M€ e Uninaval estima que mesmo poden ascender a 40M€ e afectar a medio millar de empresas?. O estaleiro “non ten pedidos, nin garantía de carga de traballo no futuro”, non hai director de produción, nin oficina técnica nin de novos proxectos.

A deputada volveu a preguntar ao titular de economía se o goberno seguirá financiando con fondos públicos o estaleiro de Barreras ou si reconsidera a posibilidade dunha intervención pública para garantir os postos de traballo e a súa  viabilidade.

Ten algún plan ou xa desafiuzou ao estaleiro e vaino deixar morrer? Porque a situación é moi  preocupante na comarca de Vigo e Barreras é  un piar fundamental para o sector naval da ría, e o  tecido industrial de Vigo e a súa  comarca.

Dende Vigo, demandou a deputada  pedímoslle que poñan freo a perda de postos de traballo na nosa cidade na que no último ano  perdemos  2.500 empregos industriais e hoxe hai 5.400 empregos menos na industria viguesa que no ano 2009, “dende que goberna o PP na Xunta de Galicia”.

Carmela González reclamou ao conselleiro  gobernar con altura de miras e  abandonar  as improvisacións e os parches cando aparecen os problemas. “Presenten un plan de futuro para Barreras que pase pola intervención pública, hai que apostar por un estaleiro público ou semipúblico que asegure o seu futuro e o do sector naval na Ría de Vigo”, concluíu.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG