A parlamentaria do BNG, que onte mesmo reclamaba a intervención pública da Xunta da residencia de maiores ante a repunta do virus, volve a reclamar hoxe, executar todas as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas contaxiadas nas residencias de maiores ou susceptibles de contaxio co seu traslado ou separación si a situación así o require.
Por outra parte, Carme Aira demanda novamente “test masivos no concello do Incio e un plan exhaustivo de rastrexo para detectar posibles positivos co fin de proceder ao seu illamento”.
A deputada do BNG cualifica de “inadmisible” a repetición dalgunhas situacións tras meses de pandemia o que na súa opinión evidencia a “insuficiencia de protocolos” por parte da Xunta e pregunta cantos rastreadores están destinados a detectar o virus, cantas PCRs está previsto realizar no entorno da residencia do Incio e que medidas se destinarán para protexer ás persoas non contaxiadas e velar polas asintomáticas.
“Temos que conter o gromo para impedir que se expanda” aseverou a nacionalista que volveu a reclamarlle á Xunta poñer en marcha todos os recursos sanitarios e medios humanos e materiais para frear o avance da Covid-19.