Galegas 2016

O BNG votará non á investidura de Feijóo

Ana Pontón co presidente do Parlamento Galego
Ana Pontón co presidente do Parlamento Galego
  • A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón transmite ao presidente da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices a posición do BNG contraria a Núñez Feijóo e as políticas que representa o Partido popular

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou hoxe o voto en contra do grupo nacionalista á investidura de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galiza na sesión plenaria prevista para a segunda semana de novembro.

Ana PontónTras reunirse co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a portavoz nacionalista  compareceu ante os medios de comunicación e manifestou que o BNG non fixo ningunha proposta de candidata ou candidato e ante a proposta do Partido popular, emitiremos o voto a un modelo económico social e político que se está impoñendo é  resulta “prexudicial para o noso país e para todos os galegos e galegas”.

Trala rolda de consultas do presidente do Parlamento cos grupos, previa á investidura de Feijóo, Ana Pontón recalcou que o Partido popular quere impoñer un modelo que cualificou da “desigualdade” e comprobamos como neste momento se está a orquestrar a nivel estatal “un reforzamento do réxime e recentralización” ademais de políticas neoliberais e contrarias aos intereses de Galiza. Fronte este escenario, a portavoz nacionalista recalcou que o BNG será “a voz desa Galiza rebelde e inconformista e que busca outra alternativa”.

 Traballaremos dende a oposición para ofrecer esta alternativa e “o noso voto será polo tanto contrario ao que representa Núñez Feijóo e as políticas do Partido popular”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG