O BNG votará en contra da presenza de VOX na Mesa do Congreso

Vox
Vox
Néstor Rego: “Hai que evitar que gane novos espazos unha forza antigalega, machista e racista que propaga un discurso do odio”
O BNG votará en contra da presenza de VOX na Mesa do Congreso
O BNG considera unha “esixencia” democrática establecer un cordón sanitario coa extrema dereita racista, machista e antigalega e por iso anuncia a súa total disposición a evitar que VOX teña presenza na Mesa do Congreso que, como máximo órgano reitor da Cámara, vai quedar constituída o vindeiro 3 de decembro tras a sesión na que tanto [email protected] como [email protected] tomarán posesión do seu escano.

O deputado electo polo BNG, Nestor Rego, avanza o voto en contra da formación nacionalista a esa presenza da ultradereita.

“O Bloque ten plena disposición de colaborar para que VOX non estea na Mesa do Congreso, porque entendemos que é unha cuestión de mínima esixencia democrática evitar que unha forza claramente antigalega, que nos nega como nación, que ataca a nosa lingua e a nosa cultura, unha forza ultra españolista, antidemocrática, machista, racista e homófoba gane espazos nos que espallar o seu discurso de odio”, argumenta Rego.

Un discurso, dixo, “nas antípodas do que precisa unha sociedade que queira avanzar en dereitos, liberdades públicas e en benestar”.

Ao deputado nacionalista non lle sorprende a posición do PP de permitir que a extrema dereita forme parte do órgano director da Cámara baixa.

“Non nos sorprende que non queira contribuír a este obxectivo porque no fondo partilla esas mesmas ideas que VOX defenda dunha maneira desacomplexada e comparte con esta forza pactos de goberno en diferentes territorios. E unha responsabilidade do PP dar ás a ese discurso e permitir que avance ese discurso que vai contra os dereitos sociais e nacionais de pobos como Galiza”, subliñou.

“Desde logo, no que dependa do BNG vamos contribuír a evitar que VOX teñan máis espazos e, neste caso concreto, que VOX teña presenza na Mesa do Congreso”, sintetizou.