O BNG velará que Fenosa cumpra o compromiso de soterrar a liña eléctrica en Monteporreiro

Comisión Luís Bará
Comisión Luís Bará
  • O parlamentario do BNG, Luís Bará asegurou que o anuncio de Gas Natural-Fenosa responde á moción aprobada no concello de Pontevedra e a presión veciñal para executar o proxecto de soterramento da liña de alta tensión

A través dunha proposición non de lei, o deputado do BNG, Luís Bará instou á Xunta a asinar un convenio con Gas Natural Fenosa e o concello de Pontevedra para financiar as obras correspondentes ás instalacións eléctricas pendentes de seren soterradas en Monteporreiro.

A pesar do anuncio de Gas Natural-Fenosa accedendo a incluír no seu plan de investimentos 2018-2020 o devandito soterramento por un valor de 1,3 millóns de euros, o nacionalista afirmou que o  anuncio responde a “unha vella  demanda veciñal, durante dez anos,  e a moción aprobada no concello de Pontevedra”.

Na súa intervención,  Bará lembrou que no ano 2007 foi asinado un convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación, Unión Fenosa Distribución S.A e o concello de Pontevedra para soterrar a liña de Alta tensión por un valor de 1.764.298 euros dos que 649.953 correspondían a obra civil a executar por parte do concello,  e a  achega da Xunta do 40% e do 60% á empresa Unión Fenosa. Sen embargo, dixo,  este convenio “nunca chegou a executarse” a pesar das continuas demandas do concello pontevedrés e residentes de Monteporreiro.

Para o deputado, a proposición non de lei do BNG, defendida  hoxe na comisión de Industria, segue vixente polo que volveu reclamar asinar un novo convenio entre a consellería de Industria, Gas Natural-Fenosa e Concello de Pontevedra para financiar as obras correspondentes ás instalacións eléctricas pendentes do soterramento da liña de alta tensión de Monteporreiro. Bará  reiterou que “o BNG velará que Gas Natural-Fenosa  cumpra co  seu  compromiso”  e non se  repita o acontecido no ano 2011 que supuxo o incumprimento do compromiso adquirido polas administracións. É necesario, recalcou, “executar o proxecto e   dar  solución a unha das demandas históricas do barrio”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG