BNG urxe ao SERGAS a impulsar o seguimento dos casos de agresión sexual con burundanga

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas reclamou medios nos centros hospitalarios para a análise de ketamina e das substancias habituais neste tipo de agresións.

A deputada do BNG, Noa Presas demandou accións de seguimento, dende o SERGAS, dos casos de agresión sexual  por intoxicación de burundanda ou outras substancias como a Ketamina e o éxtase líquida acompañando estas medidas dunha campaña de información nos centros educativos. Ademais, reclamou os medios necesarios nos centros hospitalarios para a análise das substancias utilizadas nas agresións sexuais.

Presas aserou que a utilización de substancias incoloras e insípidas empregadas para reducir a conciencia da vítima para unha agresión sexual e manifestamente “violencia machista” e a propia lei galega contra a violencia, “recolle a sexual como tal” dende o ano 2007.

A xuízo da deputada, “aínda queda moito por avanzar”  para que as vítimas conten con todos os recursos, porque a pesar da aprobación  do protocolo  interinstitucional, “nin sequera existe unha orientación específica e con acceso á páxina web da Secretaría de Igualdade”.

A deputada lembrou que o Pacto de Estado contra a violencia propiciará, en coordinación coas comunidades a implantación dun centro de atención 24 horas en cada provincia pero continuamos agardando, dixo, “con que dotación e recursos”.

Ante o aumento dos casos denunciados nos medios de comunicación de Ourense,  dende o BNG, explicou a deputada, rexistramos diversas iniciativas  para “impulsar  o Protocolo novo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para unha mellor e máis pronta actuación e detección” e o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña anunciaba que se estendería a todos os hospitais.

Neste sentido, incidiu que foron os medios de comunicación, unha vez máis, os que divulgaron a existencia de unha aplicación experimental do protocolo en Ourense pero non se produciu ningunha comunicación oficial por parte da  Consellaría de emprego e igualdade ou dalgunha forza policial, criticou.

“É necesario e positivo que se impulsen protocolos de actuación entre todas as partes da cadea de atención e de forma específica para a violencia machista”,  actuacións, dixo, que  deben ir acompañadas de campañas de divulgación entre os diferentes axentes.

A deputada volveu a preguntar pola valoración  da Xunta respecto do funcionamento do novo protocolo de violencia sexual impulsado no CHUO para os casos de submisión química e a evacuación de números de casos investigados nos últimos 3 anos.

Tras a intervención do Xerente do SERGAS, José Flores que anunciou que  as mulleres vítimas deste delito contarán, nun futuro inmediato, cunha actuación garantista  a deputada replicou que é resulta imprescindible incidir na “difusión social” de que a submisión química existe e que  “hai protocolos e unha administración que atenderá a quen sufra esta violencia”.

Presas engadiu, que é necesario superar os prexuízos e afirmou que o “80% das agresións sexuais son producidas por persoas coñecidas”, sen embargo, contrariamente a esta realidade obxectiva, as enquisas apuntan que a idea máis popular é a do encarrapuchado na rúa e nunha noite escura. O protocolo debe ir na dirección de visibilizar a submisión química e a “conciencia de que isto acontece”.

A nacionalista remarcou que urxencias de Atención primaria,  PACs e Centros de Información a Muller deben implicarse e para isto, dixo, é necesario incrementar a  información dos e das  profesionais sobre todo pola rotación nos servizos de urxencias e a inestabilidade nos propios servizos. “Hai que garantir a formación destes profesionais”, concluíu.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG