GALEGAS 2020

O BNG traslada o seu total apoio ás propostas formuladas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza

Encontro xornalistas
Encontro xornalistas
O BNG traslada o seu total apoio ás propostas formuladas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza
O BNG trasladou o seu total apoio ás propostas e as demandas que formula o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) para mellorar as condicións do exercicio da profesión, avanzar na pluralidade, obxectividade e independencia, -en particular nos medios de comunicación públicos- e, en definitiva ás medidas que contribúan a ter unha sociedade informada co máximo rigor, porque unha sociedade ben informada é sinónimo de sociedade máis libre e democrática.

De feito, unha parte moi significativa das propostas do CPXG forman parte do programa de goberno que o BNG presenta de cara ás eleccións do 12 de xullo, e así llo transmitiron nun encontro coa dirección representada polas e polos xornalistas Xaime Leiro e Ana González Liste, na que participaron a portavoz parlamentaria na Comisión de control da CRTVG nesta lexislatura, Olalla Rodil, o secretario xeral de comunicación, Xavier Campos, e a coordinadora da Executiva Nacional, Goretti Sanmartín.

Entre as cuestións abordadas en plena sintonía: a posta en marcha dun estatuto da profesión; unha lei de publicidade institucional na que se regulen as axudas públicas ás empresas de comunicación, medidas para combater o machismo nos medios e desde os medios e poñer en marcha un novo modelo de medios de comunicación públicos, que garantan a pluralidade e a independencia.

 

O BNG traslada o seu total apoio ás propostas formuladas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza