BNG traslada ao Congreso o rexeitamento do uso pexorativo da “Galiza profunda” por parte dunha xuíza

Néstor Rego
Néstor Rego
Néstor Rego: “Supón unha expresión de galegofobia, clasismo e incluso pode conlevar a vulneración dos dereitos das persoas”
BNG traslada ao Congreso o rexeitamento do uso pexorativo da “Galiza profunda” por parte dunha xuíza

O deputado do BNG, Néstor Rego, anuncia o rexistro dunha iniciativa e o impulso dunha declaración institucional no Congreso para rexeitar o uso pexorativo de “Galicia profunda” empregado nunha sentenza en Marbella a pasada semana. Rego busca o apoio do resto de grupos para eliminar a  galegofobia, o clasismo e a vulneración de dereitos fundamentais. Así mesmo, avanza nova ofensiva para reclamar ao Goberno do Estado o rescate da AP-9, tras os informes da UE e a Comisión  Galega da Competencia, e a devolución dos importes pagos ilegalmente desde 2013.

A formación nacionalista lanza unha proposta de declaración institucional no Congreso para rexeitar o uso pexorativo “Galicia profunda” utilizado pola xuíza titular do xulgado de primeira instancia, número 7 de Marbella. Esta proposta, segundo anunciou Rego, trasladarase ao resto de grupos políticos para conseguir o seu respaldo e rexeitar este termo. Lembra que unha declaración similar, iniciativa do BNG, foi apoiada por unanimidade na cámara galega co apoio de PP e PSOE. “Estamos a falar dun prexuízo que é especialmente grave se é empregado para  conculcar dereitos dunha persoa” explica o deputado do BNG.

“Supón unha expresión de  galegofobia, clasismo e mesmo pode levar á vulneración dos dereitos das persoas” salienta Rego rexeitando as palabras utilizadas pola xuíza. Neste sentido, tamén anuncia o rexistro de preguntas ao Goberno do Estado para que teña unha posición sobre esta cuestión, particularmente sobre que accións levará a cabo para garantir “que ningún cidadán e cidadá do Estado español é discriminado en función de onde reside, en que País ou se o fai nunha zona rural ou urbana”. Convida tamén o Goberno a levar a cabo acciones diante do Consello Xeral do Poder Xudicial para que non permita a utilización deste tipo de argumentos en resolucións xudiciais.

 

BNG traslada ao Congreso o rexeitamento do uso pexorativo da “Galiza profunda” por parte dunha xuíza