O BNG tacha de machista a sentenza contra Juana Rivas e pide o indulto para evitar que entre na cadea

Faixa feminista Día da Patria
Faixa feminista Día da Patria

Olalla Rodil: “É un despropósito unha sentenza que non ten en conta a situación de violencia machista que está detrás da actuación desta nai”. "Que mensaxe manda ás mulleres maltratadas?"

Novo caso que confirma o carácter patriarcal da Xustiza e demostra a ignorancia da xudicatura sobre a realidade da violencia de xénero

O BNG tacha de machista a sentenza contra Juana Rivas e pide o indulto para evitar que entre na cadea

O BNG cualifica de machista, patriarcal e de despropósito a sentenza que condena a Juana Rivas a entrar en prisión e a perda da custodia dos seus fillos. Un fallo mesmo cruel coa vítima ao ignorar completamente a situación de violencia de xénero que soportaba, que o xuíz decidiu obviar por completo pese a que o pai dos menores xa fora condenado por un delito de maltrato contra Juana.

Por contra, a sentenza do titular do Xulgado penal nº 1 de Granada mesmo lle obriga a pagar unha indemnización de 30.000 euros a súa ex parella e a pagar as costas do xuízo.

O BNG pide o indulto inmediato para Juana Rivas como medida para evitar que entre na cadea, con independencia dos pasos legais que poda decidir a afectada para corrixir o fallo nunha instancia superior.

“É un absoluto despropósito unha sentenza que non ten en conta a situación de violencia machista que está detrás da actuación desta nai, é unha sentenza machista reflexo dunha xustiza patriarcal que, de novo, volve posicionarse en contra das mulleres”, salientou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, “por iso tamén pedimos o indulto porque unha muller que foxe da violencia machista non pode entrar na cadea”.

Rodil lembra que Juana Rivas tentaba fuxir dun home condenado por malos tratos. “Con esta sentenza que mensaxe lanza a Xustiza do Estado español ás mulleres maltratadas e ao conxunto da sociedade? Que teñen que aguantar porque se intentan escapar corren o risco mesmo de perder a custodia dos seus [email protected]?”

Para a viceportavoz parlamentaria do Bloque este tipo de sentenzas, que mesmo xeran alarma e indignación social, mostran até que punto a Xustiza no Estado español “ignora a magnitude e a gravidade da violencia machista” que soportan milleiros de mulleres.

“Desde o BNG pedimos actuacións decididas e contundentes para que o sistema xudicial garante de verdade respecte e protexa os dereitos das mulleres. Urxe tamén formación en perspectiva de xénero ante unha Xudicatura que, como vemos neste tido de fallos, é absolutamente ignorante da realidade que soportan milleiros de mulleres no noso país”, concluíu.