Un BNG renovado e reforzado é a mellor alternativa para darlle un futuro a Ourense desde os concellos

Centro Cultural Marcos Valcarcel
Centro Cultural Marcos Valcarcel

“Con traballo, ilusión e cun sorriso na boca imos a por todas nas vindeiras eleccións”, proclama no acto político co que o BNG arranca a campaña de cara os comicios locais de 2019

Allariz no rural e Pontevedra no urbano, referentes da capacidade dos gobernos municipais do Bloque que tamén se percibe en Verín, Baños de Molgas, Viana do Bolo, Castrelo de Miño, A Mezquita ou a Rúa

A portavoz nacional, Ana Pontón, pechou o acto político co que o BNG deu o pistoletazo de saída á campaña de cara aos comicios de 2019 na provincia de Ourense, congregando a máis dun cento de responsables municipais baixo o aval da capacidade de transformación e de xestión dos gobernos nacionalistas, con Allariz no medio rural e Pontevedra no medio urbano como exemplos incuestionables desa boa gobernanza do BNG, que mellora a vida das persoas.

Francisco García e Miguel Anxo Fernández Lores como referentes para un BNG que toma o mellor do seu pasado pero que soubo renovarse e fortalecerse, ata ser hoxe un en alza que se presenta como a alternativa capaz de darlle a Ourense un futuro desde os concellos.

“Quero aproveitar este acto para dicir que este novo BNG,  renovado e reforzado, é a alternativa para que Ourense recupere o pulso e a ilusión, este novo BNG é a  alternativa para darlle a esta cidade e a esta provincia un futuro mellor, porque temos un proxecto sólido capaz de mellorar a vida das persoas”, salientou a portavoz nacional no acto celebrado no Centro Marcos Valcarcel.

Ana Pontón en Ourense“Demostramos que somos capaces de mellorar a vida das persoas en Allariz, e vémolo en todos e cada un dos concellos nos que gobernamos ou lideramos a acción de goberno,  desde Verín a Castrelo de Miño, desde Viana do Bolo, a Baños de Molgas, pasando pola Rúa ou A Mezquita”, salientou Pontón, “somos capaces de transformar os concellos en beneficio dos e das veciñas, e iso é o que queremos trasladar á cidade de Ourense e a toda a provincia”.

“Con traballo, con ilusión cun sorriso na boca, imos a por todas nas próximas eleccións municipais, porque Ourense merece un futuro mellor”, proclamou a dirixente do Bloque, “Allariz e Pontevedra non son un milagre, son o mellor exemplo de que o BNG ten un proxecto sólido, forte e capaz de facer avanzar Galiza”.

Experiencia e renovación xeracional

Xunto á experiencia que representan rexedores como Francisco García ou Miguel A. Fernández Lores, -convidado no acto para compartir un proxecto que colocou Pontevedra nun referente a nivel internacional-, Pontón fixo fincapé no relevo xeracional do BNG, “que ven pisando forte” como demostran a deputada Noa Presas, ou os responsables municipais da Rúa e Verín, María Albert e Diego Lourenzo, citando as súas intervencións no acto.

Igualmente,  fixo un recoñecemento expreso  aos rexedores da Mezquita, Castrelo de Miño, Baños de Molgas e Viana do Bolo, “que están demostrando nesta provincia que o BNG ten un proxecto sólido, que transforma e mellora a vida da súa veciñanza”, ao tempo que botan por terra a “falsa idea” de que Galiza non pode valerse por si mesma. “Pode, e demostrámolo desde os concellos”, subliñou.

WhatsApp Image 2018-03-13 at 20.36.23Marca de calidade

Hoxe o Bloque está “en alza” e iso vaise notar nas eleccións municipais ás que se enfronta co aval do traballo ben feito onde goberna ou ten a iniciativa de goberno, pero tamén cunha labor seria e rigorosa onde toca estar na oposición. “Os concellos BNG son marca de calidade e demostramos que as cousas se poden facer doutro xeito e que temos solucións aos problemas que preocupan á maioría social”, recalcou.

Por exemplo, alternativas aos problemas como a mobilidade nas urbes, propostas en apoio ao comercio de proximidade, para preservar o patrimonio, promover a lingua e a cultura do país, capaces de facer unha xestión ambiental sostible e de poñer en marcha modelos urbanos de proxección internacional. “Non temos que imitar a ninguén porque temos un modelo propio que funciona”, concluíu.

O acto político cotou coa presenza de referentes emblemáticos na provincia, como Alfredo Suárez Canal ou Tereixa Paz, e coas intervencións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do rexedor de Allariz, Francisco García en Allariz, do responsable local en Ourense, Luís Seara, da deputada Noa Presas, e de Diego Lourenzo e María Albert como tenentes de alcalde de Verín e A Rúa, respectivamente.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG