BNG recrimina á Xunta a demora das obras do centro ocupacional de Ourense, durante un ano, e exixe prazos de execución

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas lembra que o centro debía ser inaugurado este mes e que Ourense é a única  provincia que non conta cun centro de atención con diversidade funcional

Rexeita a resposta do goberno sobre o encarecemento dos prezos dos materiais  porque outras obras das Xunta no foron paralizadas e  pide respecto para as familias

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno pola demora, dun ano, das obras de construción do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense, a deputada do BNG, Noa Presas recriminou a paralización das obras e exixiu determinar os prazos de execución.

A deputada lembrou que este mes estaba prevista a inauguración do centro pero volvemos a estar, dixo,  “ante unha nova falta de compromiso do goberno do Partido popular”  e explicou que a   reivindicación a favor dO centro de atención con diversidade funcional público e de xestión publica para Ourense “é unha demanda histórica para acabar  coa discriminación que supón ser a única zona do país que non ten un centro público na referencia que supón a provincia”. A zona de Pontevedra conta co CAP de Chapela, a da A Coruña co CAP As Xubias e a de Lugo co CAPD de Sarria.

Por outra banda, aludiu ás demandas da plataforma Procapd Ourense,  “mobilizándose durante anos para conseguir un centro público que dea cobertura ás persoas de máis de 21 anos, cun centro residencial, centro de día, de respiro familiar  e  xestión pública directa.

“En Ourense esta é  necesidade que non está cuberta”,  e asegurou que a falta do centro vai  en detrimento dos dereitos e da calidade de vida de centos de persoas con  diversidade funcional e maiores de 21 anos.  A ausencia dun centro destas características explicou, “obriga a moitas familias a acudir a centros que non cobren as necesidades, como xeríatricos e residencias de maiores, ou ben deixar aos fillos e fillas na casa”.

A presión social, a recollida de 50.000 pola plataforma sumouse ao compromiso de todas as forzas políticas na campaña electoral do 2016 para que a que a primeira fase do proxecto de creación do CAPD en Ourense estivera en pleno funcionamento en 2017, a redacción do proxecto da segunda fase cuns prazos de execución 2017-2018 e a xestión e empregados públicos do centro.

Tras a intervención da Secretaria Xeral  Técnica, María Francisca Gómez Santos  que xustifiou  a paralización das obras pola crise económica e de materiais, Noa Presas replicou que na actualidade en Ourense “hai obras da Xunta que avanzan e non foron bloqueadas”. Coincidimos, dixo,  nos problemas derivados da crise económica e escaseza de materiais para a construción e a suba disparada de prezos pero en Ourense “hai obras da Xunta que avanzan” e hai tres meses que foron aprobados uns orzamentos que inclúen “un mecanismo de revisión de prezos”.

Neste sentido, criticou o historial do Partido popular “incapaz de reprogramar os prazos” cara unha solución ao problema polo que volveu a preguntar polas verdadeiras razóns do atraso,  o novo prazo que manexa a Xunta e porque o goberno non se comunica coas familiar para explicar a nova situación.

A deputada do BNG concluíu a súa intervención cualificando de “irresponsable” ao goberno galego e de non cumprir o seu compromiso do ano 2016, si así fora, afirmou,” o centro xa estaría construído, en funcionamento e cun custe inferior para as arcas públicas”.

 

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG