PARLAMENTO GALEGO

BNG reclama un modelo eólico xusto, galego e sostible fronte ao modelo do PP supeditado a intereses das grandes empresas eléctricas

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas apela á contestación social contra a política enerxética do goberno baseada na imposición, depredación e espolio e pide á Xunta que escoite á sociedade galega e rectifique
BNG reclama un modelo eólico xusto, galego e sostible fronte ao modelo do PP supeditado a intereses das grandes empresas eléctricas

Santiago de Compostela,  9 de xuño, 2021.Pleno.-  A deputada do BNG, Noa Presas  defendeu un modelo eólico, “xusto, galego e sostible” contrario ao modelo do Partido popular baseado na “imposición, depredación e espolio” e supeditado aos intereses das grandes empresas eléctricas.

Na interpelación  ao conselleiro de Economia e Industria, Francisco Conde, a nacionalista lembrou a grande contestación social baixo o lema “Eólica así, non”, un berro contra a enerxía e un clamor contra a “política enerxética” do goberno galego.

A deputada pediu á Xunta que escoite á sociedade e “rectifique”  e lembrou as mobilizacións no Courel,no Suído, na Groba, na Costa da Morte, tamén no Xurés, no Deza, nas Mariñas…reclamado un novo modelo eólico baseado “na planificación, o respecto e o diálogo”.

Presas lembrou que mesmo a xustiza xa se ten pronunciado con sentenzas como a  de Sasdónigas ou do Iribio ás que sumou a oposición das  organizacións agrarias, comunidades de montes, colectivos científicos e  concellos, mesmo “do seu partido” do que vostede, Vicepresidente Segundo  e conselleiro de Economía converteuse  no  “apaciguador de alcaldes”.

A súa lei do sector eólico de 2009, explicou  foi modificada en nove ocasión,  a última, unha modificación express en  febreiro deste ano a través da Lei de Simplificación administrativa na que ademais se recrearon en montar “todo cando chiringuito podían” sen  introducir  nada sobre información a gobernos porque xa eran os campións da transparencia  e agora, sacan  da manga unha “rede provincial” advertindo  aos alcaldes de que vai haber un proceso de exposición pública, un pouco raro non? ironizou a nacionalista.

Vai impulsar a Xunta de Galiza un novo modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación? reiterou, Presas.

Para o BNG, afirmou,  é urxente esa rectificación porque outro modelo é posible e ten que estar asentado na planificación, a defensa dos intereses galegos e a participación pública e lembrou as recentes declaración do presidente de ADEGA cualificando o modelo da Xunta de “desplanificación” e da Asociación eólica galega como “isto é a selva”.

Finalmente, a parlamentaria suxeriu ao goberno tomar nota do “exemplo do concello de Muras”, gobernado polo BNG, no que a riqueza enerxética “reverte na veciñanza”.

 

BNG reclama un modelo eólico xusto, galego e sostible fronte ao modelo do PP supeditado a intereses das grandes empresas eléctricas