Parlamento Galego

O BNG reclama medidas á Xunta para evitar que as pensións en Galiza sexan as máis baixas do estado

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado afirma que a fenda salarial aumenta á hora da xubilación e as mulleres cobran 5.000 euros menos ao ano

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou no Parlamento que medidas vai iniciar o goberno galego para evitar que as pensións en Galiza sexan as máis baixas do Estado.

Prado explicou que a pensión media no estado situase en 983 euros mentres que en Galiza ascende aos 833, unha diferencia, dixo, de “150 euros ao mes” e a pensión da xubilación de 1.129, 66 euros é en Galiza de 946, “183,51 euros menos ao mes”.

A parlamentaria do BNG lembrou que a pensión de viudedade sitúase no estado en 707,4 euros, en Galiza en 5,96,28 é dicir, 111,12 euros menos  ao mes.  Ante estes datos, Prado afirmou que os ataques permanentes ao sistema público de pensións é unha estratexia e un dos obxectivos da axenda neoliberal dende hai décadas, ademais  de ser un ataque á clase traballadora en canto a dereitos, salarios e  deterioro dos servizos públicos obrigando aos traballadores e traballadoras a destinar parte dos seus recursos ao uso destes servizos. Esta circunstancia afecta gravemente a futuros salarios e futuras pensións e cualificou de “atraco” ás pensións as reformas dos anos 2010,2011,2012 dos gobernos do Partido socialista e Partido popular.

As reformas, recalcou a deputada provocaron  a elevación da xubilación de 65 a 67 anos, o incremento de 15 a 25 anos para o cálculo da pensión e introduciron o factor de sustentabilidade, “canta máis esperanza de vida teña unha persoa menos cobrará de pensión” ademais de eliminar o IPC para o incremento o seu incremento.

A deputada alertou sobre a perda de  dereitos conquistados e alertou do risco que pode provocar  en futuras xeracións polo que preguntou á directora xeral de Emprego, Covadonga Toca que medidas vai tomar o goberno ao respecto.

Tras a resposta de Toca, a deputada do BNG replicou que as pensións son unha competencia do estado pero as políticas económicas en Galiza dependen do goberno galego e da consellería de Emprego e  insistiu en que o goberno galego ten capacidade para “atender as demandas dos pensionistas galegos e galegas”. Neste sentido lembrou que este colectivo segue reclamando nas rúas accións para garantir as pensións presentes e futuras así como “pensións dignas” para poder vivir.

As xeracións actuais, dixo, Prado, non están “tranquilas” porque saben que os datos en Galiza, “lonxe de converxer están diverxendo” e constatan que a xestión das políticas económicas do Partido popular, con máis de  dez anos de goberno son  “un auténtico fracaso”. Non melloran a calidade de vida dos galegos e galegas en materia de pensións. “O goberno do Partido popular debe asumir a súa responsabilidade” e recoñecer que  os recursos económicos para a creación de emprego presentan unha “pésima execución”.

Sobre as pensións nos contributivas  acusou ao goberno galego de non iniciar ningunha medida para melloralas e incluso,  “votar en contra sistematicamente de todas as iniciativas encamiñadas a incrementar os 370 euros ao mes”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG