O BNG reclama que se cumpran os prazos para as oposicións en Galiza

Comisión Luís Bará
Luís Bará
  • Función Pública responde ao BNG que o proceso para convocar as oposicións quedará resolto entre marzo e abril
  • O deputado do BNG, Luís Bará afirmou  que  os prazos deben cumprirse e non estar supeditados á aprobación dos Orzamentos do Estado

A través dunha pregunta parlamentaria do deputado do BNG, Luís Bará, sobre os atrasos nos procesos selectivos dos corpos xerais da Xunta de Galiza e os problemas detectados nos prazos da súa realización, o director xeral de Función pública cualifico de “normalidade” o acontecido e anunciou  que o proceso da Oferta pública de Emprego para as  vindeiras oposicións  debe resolverse entre  os meses de marzo e abril.

Sobre os problemas  nos procesos de selección da Xunta, o  parlamentario do BNG afirmou que na práctica “os calendarios” dos procesos de promoción interna nas diferentes categorías e promoción libre “están por cumprir” e non  se axustan á “normalidade” defendida polo responsable de Función Pública, sobre todo, explicou  “entre o segundo e terceiro exercicio”. A respecto do exercicio  C2 de informática, Bará criticou que que o problema, segundo palabras do propio director xeral, respondera ao retraso de adxudicación á Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia, (AMTEGA). Para o deputado, a Xunta tiña que ter evitado ese retraso.

O deputado tamén se referiu ao proceso de negociación das oposicións do que dixo,  independentemente da oferta pública e da cifra de prazas,   “os prazos son os que son e dende o BNG seguiremos defendendo a non limitación da convocatoria de prazas de Oferta pública de Emprego. Ademais, non podemos agardar ata a segunda quincena de abril”.

Pola súa parte o director xeral reiterou que os prazos nos procesos selectivos dos corpos xerais da Xunta cumpríronse agás un retraso pola fata de equipos informáticos. Sobre as oposicións afirmou  e a Comunidade Autónoma galega segue en negociacións para unha oferta pública de emprego con garantías para que non sexa suspendida pola Administración central.

Na mesma comisión, o parlamentaria nacionalista defendeu unha proposición non de lei na que  reclamaba unha avaliación  urxente dos danos producidos polos temporais nas infraestruturas e servizos de titularidade pública e privada, así como nos sectores agrario, gandeiro, forestal, marisqueiro, pesqueiro e actividade industrial, exixir responsabilidades e medidas sancionadoras ás empresas das infraestruturas polo seu  mal estado  e aprobar axudas para os concellos , fogares e empresas que sufriron perdas polos temporais.

Os votos en contra do Partido popular impediron que a iniciativa nacionalista prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG