CONGRESO

O BNG reclama no Congreso a recuperación das concesións hidroeléctricas na Galiza

Encoro Barrié de la Maza
Encoro Barrié de la Maza

Néstor Rego defende que os saltos hidroeléctricos cuxa concesión privada estea próxima a caducar volten a ser de explotación pública para os colocar ao servizo do desenvolvemento do noso País.

A proposta do BNG pasa por recuperar a explotación directa dos saltos hidroeléctricos a través dunha empresa pública aproveitando o fin das concesións.

O BNG reclama no Congreso a recuperación das concesións hidroeléctricas na Galiza

O deputado nacionalista, Néstor Rego, solicitou no Congreso o nome das empresas privadas que teñen as concesións para aproveitamentos hidroeléctricos no ámbito territorial das Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil, do Cantábrico e do Douro, situadas na Galiza que superaron a data fin de concesión e de cales se iniciaron os expedientes de extinción do dereito e reversión ao Estado.

A través desta iniciativa parlamentar, o portavoz do BNG no Congreso, requiriu coñecer “quen e como están xestionando os aproveitamentos hidroeléctricos revertidos no ámbito territorial das Confederacións Hidrográficas situadas na Galiza, así como, a quen e en que condicións se lles voltou a conceder”.

O BNG vén reclamando historicamente a nacionalización das explotacións hidroeléctricas para que sexa a Galiza e o conxunto do pobo galego os que se beneficien de ser este un país produtor neto de electricidade, mudando a situación actual.

“As centrais hidroeléctricas son exemplo paradigmático de como esquilman os recursos naturais da Galiza, pois en canto asumimos como país todos os custos ambientais non recibimos ningún beneficio” salientou Rego.

A proposta do BNG pasa por recuperar a explotación directa dos saltos hidroeléctricos a través dunha empresa pública aproveitando o fin das concesións, e incluír medidas sociais naquelas cuxa recuperación aínda non sexa posible. “A Galiza produce e outros territorios consumen, un deseño económico de cariz colonial, contrario aos intereses e ás necesidades do noso país” destacou o deputado nacionalista.

O BNG reclama no Congreso a recuperación das concesións hidroeléctricas na Galiza