BNG reclama no Congreso o mantemento do servizo presencial da venda de billetes de tren en Valdeorras

Néstor Rego
Néstor Rego

O deputado salientou que o peche das billeteiras dá o tiro de graza ás comunicacións por ferrocarril nunha comarca cun problemas nese sentido e que vén agrava a súa situación de abandono.

O BNG denuncia que o actual Goberno (PSOE e Unidas Podemos) manteñan unha política continuísta respecto dos recortes iniciados no seu momento polo Partido Popular e que continúe a desmantelar servizos.

O deputado nacionalista, Néstor Rego, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria no Congreso reclamando o mantemento da venda de billetes de tren de forma presencial das estacións da Rúa-Petín e do Barco de Valdeorras como un servizo público.

Neste sentido, Néstor Rego trasladou ao Goberno español as iniciativas que presentou o Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento galego para que a Xunta da Galiza inste o Goberno central a manter a venda de billetes de tren das estacións mencionadas anteriormente.

Ao longo do 2018 e 2019, o BNG ten presentado distintas iniciativas, tanto no Parlamento galego como no Congreso, reclamando que se manteña o servizo da venda de billetes en diferentes estacións, concretamente nas do Carballiño, Ribadavia , Sarria, Guillarei, A Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras”. Grazas a mobilización e oposición social a esta medida conseguiuse frear e garantiuse por parte de Renfe-Adif a permanencia do servizo de venda. “Esta semana fíxose efectiva a peor da novas” explicou o deputado despois de que se anunciase o pechamento definitivo da venda de billetes de forma presencial nas dúas estacións da comarca de Valdeorras, A Rúa-Petín e O Barco de Valdeorras.

“Este feito dá o tiro de graza ás comunicacións por ferrocarril nunha comarca que leva anos sufrindo o deterioro continuo dunha infraestrutura que outrora foi fonte de desenvolvemento e riqueza” salientou Néstor Rego.

O BNG denuncia que o actual Goberno (PSOE e Unidas Podemos) manteñan unha política continuísta respecto dos recortes iniciados no seu momento polo Partido Popular e que continúe a desmantelar servizos, acabando cos postos de traballo que xa pasaran de ser públicos a privados e deixando a unha zona sensíbel como é o oriente ourensán, cun problema de comunicacións que agrava a súa situación de abandono.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG