CONGRESO

BNG reclama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que autorice a comercialización do marraxo

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego advirte ao Goberno que a grave situación que atravesa a frota do palangre podería supor o peche definitivo de moitas empresas do sector.

O BNG solicitou que se aclaren os motivos que levaron a non comercializar o marraxo e lembrou que a captura da especie non está prohibida.

BNG reclama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que autorice a comercialización do marraxo

O BNG demanda de forma urxente unha solución ao problema da comercialización do marraxo, que se suma a outros problemas que sofre a frota como, a forte caída dos prezos da quenlla e a gran flutuación na demanda. “Isto fai perigar a viabilidade económica da actividade de moitas empresas que non poden aguantar a situación por máis tempo” sinalou o deputado nacionalista, Néstor Rego.

Os nacionalistas destacaron que a frota acumula toneladas de marraxo procesado e almacenado nos frigoríficos que non poden vender debido ao bloqueo administrativo. Néstor Rego salientou que “dos tres Ministerios que deben dar a súa autorización para que se poda proceder á comercialización, dous deles, o de Pesca e o de Comercio, deron o seu visto bo polo que só faltaría que o Ministerio para a Transición Ecolóxica fixera o propio”.

Rego solicitou que se aclaren os motivos que levaron a non comercializar o marraxo cando se pesca de forma accidental e as capturas se axustan ao estipulado pola Comisión para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), “polo que non ten sentido que unha vez que se permitiu a captura, se impida agora a súa comercialización pondo en risco a supervivencia da frota de palangre de superficie da Galiza” explicou.

 

BNG reclama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que autorice a comercialización do marraxo