O BNG propón un novo marco normativo para protexer a lingua galega

Manifestación Queremos Galego
Manifestación Queremos Galego
Pontón alerta da situación de “emerxencia” do galego e apela a abrir unha nova etapa para a súa normalización en todos os ámbitos 
O BNG propón un novo marco normativo para protexer a lingua galega

No día das Letras Galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  alerta da situación de “emerxencia” da lingua galega polas  “políticas regresivas e deliberadas” dos gobernos de Feixóo e o Partido popular. Neste sentido, lembra que tanto as institucións galegas como internacionais  alertaron da “regresión” producida na década de gobernos de Feixóo e esta situación crítica, afirma a nacionalista, require unha nova resposta.

Un novo marco normativo contra o  confinamento da lingua galega

O BNG comprométese a poñer “fin ao confinamento” e as políticas que pretenden reducir e  marxinar a lingua galega. Nesta liña,   Pontón defende   “abrir unha nova etapa para o noso idioma é facelo co orgullo de pobo”.

A portavoz nacional do BNG recalcou que detrás da nosa lingua está o progreso e a cohesión social e con ese espírito traballará o BNG para que no futuro contemos “cun novo marco normativo” que desconfine a lingua galega, impide a  súa  transmisión xeracional e sexa normalización en todos os ámbitos.

Pontón anima  a todos os galegos e galegas a participar das iniciativas  anunciadas pola plataforma  “Queremos galego”, a través das redes sociais  e co desexo de  “Mil primaveras máis para a nosa lingua”.

 

O BNG propón un novo marco normativo para protexer a lingua galega