parlamento galego

BNG presenta varias iniciativas no Parlamento para demandar explicacións sobre os danos estruturais da ponte de Santa Marta, en Pontearnelas

Montse Prado
Montse Prado
Montserrat Prado: “É importante que se expliquen as inspeccións realizadas e o resultado das mesmas, así como as actuacións a futuro sobre a reparación e os prazos da reparación”

O BNG levará á Cámara unha serie de iniciativas para demandar explicacións sobre os danos estruturais da ponte de Santa Marta, no concello de Pontearnelas, cortada ao tráfico de vehículos e persoas por mor de varios danos na súa estrutura.

“Todo indica que estes danos son importantes, con afectacións á estrutura de formigón, a estrutura metálica que o soporta e a rotura de tirantes, o que ten obrigado a cortar o tráfico”, advertiu a deputada do Bloque, Montserrat Prado.

É por iso que a formación nacionalista vén de presentar, explicou a deputada do Salnés, unha serie de iniciativas no Parlamento “esixíndolle á Xunta que dea explicacións ao respecto das causas do colapso dunha infraestrutura de tan só 16 anos e na que se investiron máis de tres millóns de euros”, detallou.

Prado esixiu “explicacións” sobre as inspeccións realizadas pola Xunta nesta infraestrutura, hoxe en risco de colapso, e o resultado das mesmas, “así como as actuacións a futuro sobre a reparación e os prazos da reparación”, demando, que emprazou ao Goberno do PP a explicar cales son as alternativas que se ofrece á veciñanza para conducir “o intenso tráfico que circulaba por esa ponte”.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG