O BNG pregunta á Consellería do Mar que medidas tomou para mellorar a seguridade nas costas e portos

Montse Prado
Montse Prado

A  través dunha pregunta urxente en pleno, lembra que o mes de decembro en Galiza foi dramático  con dous naufraxios nos que perderon  a vida cinco mariñeiros e esixe ao Goberno galego que  implante medidas para mellorar a seguridade dos traballadores do mar 

O BNG presenta unha pregunta oral  en Pleno con carácter urxente, dirixida á consellería do Mar sobre as medias tomadas para mellorar a seguridade nas costas e portos como  Malpica.

O  mes de decembro nas costas de Galiza viviuse unha auténtica traxedia ao producirse, con apenas vinte e catro horas de diferenza, dous naufraxios que se cobraron a vida de cinco mariñeiros. O primeiro, explica a iniciativa do BNG, tiña lugar o  día 19 a 4.5 millas do Cabo Fisterra co balance de tres mariñeiros falecidos da tripulación do barco  Cerqueiro Sen Querer 2, a día de hoxe aínda desaparecido.

O segundo sinistro producíase ao día seguinte, 20 de decembro, cando a embarcación O Silvosa envorcaba afundíndose no propio peirao de Malpica por mor das correntes xeradas na entrada da dársena e no que morreu o patrón do barco.

Para o BNG a seguridade das persoas que traballan no mar debe ser unha prioridade para o Goberno galego e necesitan garantías cando saen a faenar e moito máis nun porto como o de Malpica cuxa infraestrutura non garante as manobras das embarcacións. Por esta razón, o BNG leva ao Parlamento a falta de seguridade nas costas e portos galegos como o de Malpica.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG