O BNG pregunta ao Goberno que vai facer ante a folga dos traballadores e traballadoras de Ferrovial no CHOU

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas acusa a Ferrovial de “escravismo” e ao PP de “cómplice”  do desmantelamento dun servizo público a través dun “pelotazo” por 15 anos e máis  de 140M€ a Ferrovial

A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas levou hoxe ao Parlamento, a través dunha pregunta ao goberno, a situación “insostible” dos traballadores e traballadoras do servizo de mantemento do CHOU en folga dende hai 97 días contra as  condicións laborais e vulneración dos dereitos impostos por  Ferrovial.

Tras saudar aos representantes dos traballadores presentes na tribuna de convidados, Presas lembrou que o servizo de limpeza e mantemento resulta fundamental para o funcionamento do centro hospitalario porque “os  dous servizos manteñen o resto do CHOU”. Ademais,  lembrou que  os traballadores e traballadoras levan xa 97 dias de folga, “97 días sen soldo e cunha angustia extrema” polo que pediu ao Goberno galego “implicarse” na resolución do conflito.

 A nacionalista explicou que no ano 2014 foi adxudicada a xestión integrada de varios servizos  non asistenciais do CHOU incluído o de mantemento a Ferrovial,  “un pelotazo por 15 anos e máis de 140 M€ ”, denunciou.

Para a deputada, o tempo dirá si esta adxudicación forma  parte do  “sistema de corrupción institucional que practica o Partido Popular alá onde está”. A día de hoxe, insistiu sabemos que foi unha “privatización encuberta” e unha  merma das condicións laborais e vulneración dos dereitos aos traballadores e traballadoras. “Falta persoal, non son cubertas con axilidade as baixas, non son remunerados economicamente ou en tempo libre  os fins de semana traballados e os traballadores e traballadoras non contan cun local digno para facer os descansos.

A parlamentaria preguntou ao goberno se vai continuar coa súa “pasividade” ante cen días de folga dos traballadores e traballadoras de Ferrovial e se vai intermediar para buscar unha solución.

Pola súa parte, o conselleiro de  sanidade, Jesús Vázquez  Almuíña respondeu  que a Xunta levou a cabo unha reorganización de moitas instalacións e nos contratos das adxudicacións existe a obriga de respectar os dereitos dos traballadores e traballadoras e afirmou que a administración  “non pode inmiscuirse nas negociacións entre traballadores e empresas”.

A parlamentaria,  replicou que  a resposta do concelleiro evidencia  a falta de compromiso da   Xunta e cualificou de “inaudito” o desleixo do goberno cos traballadores en folga polo que volveu a reclamar  a implicación da Xunta “sentándose  na  mesa de negociación”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG