BNG pide á Xunta que escoite as demandas dos concellos e da maioría social contra o modelo “eólico abusivo” do PP

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará lembrou que os tribunais de xustiza tamén cuestionaron con diversas sentencias o modelo eólico “depredador” do Partido popular  e criticou  os abrazos do PP co presidente de Iberdrola e as portas xiratorias

O deputado do BNG, Luís Bará interpelou ao goberno galego contra o que cualifico de  modelo eólico “abusivo” do Partido popular e pediu ao goberno que escoite aos concellos e cidadanía contra a implantación de novos parques ao longo do territorio galego.

Na súa intervención, o nacionalista criticou a tramitación de 275  proxectos eólicos con 7.200MW que están poñendo en perigo o territorio e que conlevan un gran impacto medioambiental polo que volveu a  a pedir ao goberno que “escoite a cidadanía e respecte as sentenzas xudiciais”.

Tras a resposta do vicepresidente 1º e conselleiro de Industria e Innovación, Francisco Conde, o deputado nacionalista invitou a membro do goberno “a percorrer o país” e falar con todas esas persoas que se senten “agredidas” por un modelo “abusivo e irrespectuoso” que coloca grandes moles a 500 metros das súas casas.

“Debería vostede pisar máis o territorio e menos a moqueta” e as visitas aos despachos con “Iberdrola, Naturgy e Endesa”. Debería vostede  ir máis aos lugares onde vive a xente angustiada polos megaproxectos eólicos. O BNG, remarcou, recolle esa angustia e alarma da xente e traemos ao Parlamento galego esa preocupación porque vostedes son, “os que agreden e a xente só pode defenderse”.

O deputado do BNG aludiu ás sentenzas do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que reflicten claramente “o papel pasivo de afectados fronte a un papel activo de agresores e beneficiarios das empresas e da administración”.  O TSXG chámanlle a vostedes e as empresas  “agresores e beneficiarios”, quen agrede polo tanto, preguntou.

Fronte os 800MW concedidos no goberno bipartito, explicou Bará, o Partido popular 7.200 MW e a maiores o PP por anular o concurso eólico do bipartito co fin de beneficiar ás empresas amigas tivo que pagar 4 millóns de euros que debían, dixo, “pagar dos seus petos” e non con cartos públicos.

O deputado do BNG convidou ao goberno galego a seguir os pasos de Cantabria coa proposta para protexer o “94% do territorio e do 6% restante, un 3% con moita restrición para instalar enerxía eólica”.

 Sobre a creación de postos de traballo no sector, o deputado do BNG criticou o “triunfalismo” de Conde e indicou que o propio Observatorio Eólico de Galiza, dependente da Universidade de Vigo afirma que “o 95% dos beneficios van para fóra” e no noso país quedan as “migallas”, un 5%. Ademais, o observatorio tamén indicou que todos os territorios cunha gran expansión eólica convértense en territorios cun “gran declive económico e demográfico”. Os datos do PP, afirmou, “son falsos” e a propia patronal da eólica confirmaba onte mesmo que o emprego crece na construción dos parques pero non no funcionamento.

O parlamentario do BNG propuxo un modelo eólico “ordenado e xusto” e por esta razón , argumentou, defendemos “unha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica” como existen en Noruega e Italia, empresas públicas para sacar beneficios como permite a normativa europea. “Queremos cambiar o marco normativo e garantir o rural e o medio ambiente”. Coa normativa actual tamén é posible crear “a tarifa eléctrica galega” que beneficie a fogares e empresas. Necesitamos fomentar o “autoconsumo” e todas estas propostas son posible e viables, pero para o Partido popular todo isto é anatema porque prefiren seguir beneficiando as grandes empresas eléctricas e as “portas xiratorias”, concluíu. 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG