O BNG pide a Xunta avaliar os danos e abrir unha liña de axudas a viticultores polas xeadas en Ourense

Noa Presas
  • Noa Presas anuncia que o BNG rexistrará diversas iniciativas destinadas a paliar os danos ocasionados pola xeada desta madrugada, de maneira especial  nas Denominacións de Orixe: O Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e  Monterrei

A parlamentaria do BNG, Noa Presas pide á Xunta abrir unha liña de axudas urxentes ante os danos,  nas Denominacións de Orixe da Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e O Ribeiro, ocasionados pola xeada desta madrugada e con consecuencias que nalgúns casos se aproximan ao cen por cen.

 A nacionalista tamén pide que a Xunta inicie, sen dilación,  contactos cos viticultores e adegueiros co fin de avaliar o impacto nas zonas de produción de viño afectadas. Noa Presas indica  que o BNG xa mantivo unha rolda de contactos co sector e propón que tras a avaliación de danos por parte de persoas expertas se implementen as axudas económicas necesarias para paliar os efectos nun “sector económico vital” para  a provincia de Ourense.

A deputada tamén avanza que o BNG presentará mocións en todos os concellos ao fin de apoiar aos e as afectadas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG