O BNG pide á Xunta que abandone a súa prepotencia e negocie cos traballadores e traballadoras do 061

Concentración 061
Concentración 061

Montse Prado reclama medidas compensatorias polo traslado do servizo de urxencias de Santiago ao concello da Estrada

O BNG pide á Xunta que abandone a súa prepotencia e negocie cos traballadores e traballadoras do 061

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado asistiu hoxe á concentración dos traballadores e traballadoras do servizo de urxencias 061 que reclaman negociar medidas compensatorias ante  o traslado do servizo de Santiago de Compostela ao concello da Estrada.

Ante o edificio administrativo do SERGAS, a deputada manifestou que a Xunta debe abandonar “a súa prepotencia” e sentarse cos traballadores e traballadoras para negociar medidas contra as consecuencias do traslado do servizo entre as que destacou, o desembolso de 3.000 euros anuais por quilometraxe,   busca de vivenda e colexios e  conciliación laboral e familiar.

Concentración 061Os traballadores e traballadoras do servizo do 061 tamén reclaman que o tempo de desprazamento sexa computado como tempo laboral.

Prado recalcou que as demandas do persoal  “son xustas e razoables” e lamentou que a consellería de Sanidade non amose “vontade política” ante un problema que afecta a 190 traballadores e traballadoras que desempeñan , dixo, “ un  servizo fundamental para a cidadanía como é o das urxencias sanitarias, e polo tanto da saúde e da vida das persoas”.

A portavoz nacionalista de Sanidade criticou “a irresponsabilidade da Xunta e do SERGAS polo seu inmobilismo e a súa estratexia de dilación ante unha táboa de peticións que ten non seu poder desde maio de 2017 sen que fixeran nada por atender as demandas do cadro de persoal. Son cuestións básicas que afectan a súa vida e que deben ser atendidas”.