O BNG pide que os traballadores e traballadoras de Meirama teñan voz nas negociacións co Goberno central

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas advirte do risco do peche da central de Meirama no 2020 se incumpre os requisitos da norma de transición enerxética e pide a participación dos traballadores e traballadoras na negociación co Goberno central   

A deputada do BNG, Noa Presas reclamou “unha postura de país” cara un modelo de transición enerxética. Advirte do risco do peche da central de Meirama no 2020 se incumpre os requisitos da norma de transición enerxética e pide a participación dos traballadores e traballadoras na negociación  co Goberno central.   

A nacionalista explicou que a proposición non de lei do BNG debatida hoxe, na comisión de Industria, céntrase en Meirama porque encontrámonos, dixo, “en tempo de desconto” pola proximidade do ano 2020 e as informacións aparecidas en diversos medios de comunicación confirman a nosa alarma: “Gas Natural non aclara o futuro da Central de Meirama e se non acomete con urxencia as obras de transformación para adaptase á Directiva de Emisión Enerxética,  terá que pechar”.

A transición enerxética é unha obriga de futuro e esta medida “nin é nova nin sorpresiva”.O BNG xa denunciou a “limitada capacidade de decisión e intervención  de Galiza, pola falta de soberanía e incapacidade dun goberno que non actuou de maneira anticipada para abordar as esixencias do marco comunitario”.

Neste ámbito, afirmou  “o Goberno galego mirou para outro lado” e non se esforzou en facer cumprir a lei no que atinxe a: impacto negativo no medio ambiente pola emisión de CO2 e gases acidificantes e  a pesar de respirar ese aire  “pagamos máis pola factura da luz que unha persoa madrileña”  cando Galiza é produtora de enerxía.

Presas recalcou  que as empresas deben cumprir a normativa e facer os investimentos necesarios e o goberno galego debe negociar para que  Meirama non quede atrás e peche no  2020.

Por outra parte, lembrou que Meirama aproximase a datas criticas coa Directiva de Emisións Enerxéticas (DEI) e os  cumprimento  dos límites de emisión a partir do  1/07/2020, é dicir, nesa data “a Central ten que estar xa transformada  e estímase que as obras podan durar, como mínimo, ano e medio”. De non  de non facelo acóllese á Exención Vida Útil Limitada, que lle permite un funcionamento de 17.500 horas ou, como máximo, até o 31/12/2023.

“O tempo pasa e os obxectivos fixados e comprometidos, a nivel europeo  polo Estado español para  o 2020 están cada vez máis cerca”, advertiu a nacionalista.

A portavoz de industria do BNG concluíu a súa intervención reclamando constituír  un Grupo de Traballo para a Transición Enerxética de ámbito galego no que se impliquen as administracións, centros de investigación e desenvolvemento económico e enerxético, e colectivos sociais  para  definir e deseñar a planificación dun  modelo galego de transición enerxético a aplicar na próxima década.

Os votos do Partido popular impediron que a proposta defendida pola deputada Noa Presas prosperara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG