parlamento galego

BNG pide a retirada do recurso do estado contra o Plan de marisqueo en Galiza

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Rosana Pérez  afirma que o recurso vai contra todo “un país pesqueiro e marisqueiro” e obedece a unha loita “política e partidista”

Anuncia que o BNG presentará, de inmediato, iniciativas no Parlamento galego e Congreso dos deputados instando ao Goberno central a retirar o recurso

A portavoz de Pesca e Marisqueo do BNG, Rosana Pérez afirma que o recurso presentado pola Ministerio para a Transición Ecolóxica contra o plan marisqueiro de Galiza prexudica gravemente ao sector con máis de 8.500 persoas dedicadas a esta actividade, na súa maioría mulleres.

Para a deputada, o recurso é “unha inxerencia” contra as competencias exclusivas no marisqueo  da Xunta  como recolle o artigo 27 do Estatuto de Autonomía. A lexislación que desenvolven os plans marisqueiros, explica a nacionalista, establece as regras da actividade dende o ano 1993 e dende ese ano, “o estado nunca solicitou ningún informe para a súa aprobación”. Un plan de explotación marisqueira establece as cotas, os días e as actividades para a conservación das diferentes zonas, “regula a actividade e condicións de traballo” polo que non  entendemos, reiterou, “esta inxerencia nas nosas competencias en marisqueo”.

A parlamentaria alertou das consecuencias, directas e indirectas que xera este recurso ao que sumou  un dano “incalculable” e anunciou que o BNG presentará de inmediato iniciativas parlamentarias en Galiza e no Congreso instando ao goberno central a retiralo. Rosana Pérez considera que as competencias galegas en materia de marisqueo deben “estar blindadas” para impedir que calquera administración as utilice para a súa loita “política e partidista”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG