parlamento galego

BNG pide protexer os petroglífos do Monte dos Cazolos e a súa inclusión no panel arqueolóxico do Catálogo do Patrimonio cultural galego

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas denunciou a negativa do PP a informar sobre as condicións do traslado e conservación dos petróglifos aflorados en Nostián

A deputada do BNG, Mercedes Queixas preguntou polas obras no afloramento de petróglifos no Monte dos Cazolos, a súa conservación e traslado.

Na súa intervención,  denunciou o “veto de silencio” do PP tras reclamar o BNG información  sobre os  informes entregados por Repsol relacionados cos traballos arqueolóxicos feitos en relación á limpeza e investigación dos  petróglifos de Nostián, situados no Monte dos Cazolos, pertencente ao concello da Coruña.

A nacionalista  destacou que a  conservación dos petróglifos de Nostián no Monte dos Cazolos é de “relevancia maior” por representar as primeiras manifestacións claras de arte rupestre prehistórica do arco atlántico que se producen no concello de Coruña polo que reclamou a súa inclusión no panel arqueolóxico do Catálogo do Patrimonio cultural galego.

A día de hoxe, explicou, a deputada continuamos agardando por esa información   xa que o único que sabemos é o que apareceu publicado nos medios de comunicación o  pasado 14 de setembro informando a Xunta  da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ao “proxecto de extracción, traslado e recolocación dos petróglifos de Nostián, o afloramento arqueolóxico que foi descuberto no trazado do futuro poliduto que quere construír Repsol para conectar a súa refinería co Porto Exterior da Coruña”.

O proxecto presentado por Repsol, e agora aprobado polo goberno galego, é “unha intervención de grande impacto no medio natural e na conservación deste importante enclave patrimonial cuxos informes acreditativos descoñecemos”, reiterou, Mercedes Queixas.

Na recente visita a este importante panel de arte rupestre do Monte dos Cazolos, acompañada de profesionais da arqueoloxía, asombráronnos as recentes abrasións que amosaba a rocha. Por outra parte, existe unha grande  preocupacións dos profesionais da arqueoloxía pola desinformación a respecto dos datos do proxecto do anunciado traslado e recolocación do panel, unha vez efectuada  a obra que permita o paso pola mesma zona do poliduto entre a refinería de Repsol e o porto exterior da Coruña, así como o detalle da obra do poliduto. Asemade, ignórase que financiamento terá e que garantías da súa reposición, á vista dos antecedentes acontecidos na construción do porto exterior, onde aínda está pendente de se executar o compromiso da construción do Centro de Interpretación do Castro de Punta de Muros ou Castro do Cociñadoiro.

A directora xeral de Patrimonio, Carme Martínez respondeu  á deptuada que “a falta de persoal  e carga de traballo” imposibilitou remitir o informe  reclamado polo BNG, circunstancia que a nacionalista cualificou de  “inxustificable”. Para Queixas,  un goberno non pode permitir ano tras ano “baleirar a administración pública de persoal”. Urxe reforzar os equipos humanos  nunha dirección xeral tan importante para Galiza cun “patrimonio inmenso”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG