O BNG pide que o Pazo de Meirás sexa patrimonio público galego

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará pide crear unha comisión de estudo para reverter  ao patrimonio público galego o Pazo de Meirás

O deputado do BNG, Luís Bará rexistra unha batería de iniciativas e pide “unha condena pública do uso do Pazo por parte da Fundación Franco por apoloxía da Ditadura e do ditador”. O deputado pregunta se sería admisible  que en Alemaña ou Italia existisen palacios e fundacións dedicados a exaltar a memoria de Hitler ou Mussolini?

Asemade, solicita crear unha comisión de estudo para a devolución do Pazo ao patrimonio público e devolver  aos lexítimos donos e herdeiros todas as  propiedades privadas “espoliadas”.

Por outra parte,  reclama aprobar unha lei galega de memoria histórica que “prohiba, persiga e sancione” os actos de exaltación do franquismo e ás entidades que os promovan.

O deputado insta ao goberno galego  a velar para que as visitas do Pazo de Meirás non sexan utilizadas para transmitir unha versión manipulada da historia que ofende a todas as vítimas do franquismo e denuncia que esta actitude “chulesca e desafiante” conta coa “complicidade e permisividade do Partido popular e da Xunta” que ampara o parque temático franquista no que se converteu o Pazo que debe ser devolto a todos os galegos e galegas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG