O BNG leva ao Parlamento Galego a decisión de Trump de recoñecer Xerusalén como capital de Israel

A decisión do goberno de Estados Unidos é dunha enorme gravidade e pide que a Cámara Galega rexeite o traslado da embaixada a Xerusalén

O BNG leva ao Parlamento Galego a decisión de Trump de recoñecer Xerusalén como capital de Israel

A decisión anunciada polo presidente dos Estados Unidos, Donal Trump de trasladar a súa embaixada en Israel de Tel Aviv a Xerusalén é dunha enorme gravidade e toda unha provocación. Ante esta situación o BNG rexistrou unha iniciativa para que o pleno do Parlamento Galego rexeite esta decisión da administración Trump, ao tempo que amosa o seu apoio e solidariedade co pobo palestino.

Para o BNG Xerusalén é a capital histórica de Palestina, símbolo para o pobo palestino e para moitos dos países árabes. Con esta decisión Estados Unidos convértese no único país no mundo que recoñece a Xerusalén como capital de Israel, violando o dereito internacional e pasando por enriba de innumerábeis resolucións da ONU. Ningún país do mundo ten a súa embaixada na cidade, desde a resolución 478 que explicitamente determinou a saída das misións diplomáticas da cidade, tras a anexión ilegal da parte oriental da cidade por parte de Israel.

Esta decisión é acorde coa complicidade dos Estados Unidos coa política de Israel de continuo acoso á poboación civil, de creación de asentamentos de poboación israelí en territorios palestinos, de destrución planificada de vivendas de poboación palestina até deixar ás familias sen nada e mesmo o asasinato sistemático de civís inocentes ante a pasividade dunha comunidade internacional que tapa os ollos diante deste auténtico xenocidio. Israel non pode ser un estado por enriba da lei, e a comunidade internacional non pode mirar para outro lado mentres este non respecta as leis internacionais, os principios democráticos nin os dereitos do pobo palestino.

Ao mesmo tempo, con esta iniciativa, o BNG pretende que o Parlamento Galego se pronuncie a prol do dereito do pobo palestino a constituír o seu Estado propio sen inxerencias estranxeiras, nas fronteiras anteriores a 1967, con capital en Xerusalén.  

Outro dos puntos de acordo que o BNG traslada ao Parlamento é esixir a retirada do exército Israelí dos territorios palestinos ocupados, o remate do bloqueo, o retorno [email protected] [email protected] aos seus fogares [email protected] que foron [email protected] E ademais, demandar o cumprimento da Resolución 194 das Nacións Unidas e a efectivización de inmediato do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas ao longo de décadas.