O BNG pide medidas urxentes para garantir a seguridade da balsa de lodos tóxicos de Lousame

Intervención Mini
Intervención Mini
  • Mini Rivas pregunta “que pecado cometeu a Ría de Muros-Noia para estar sometida a este risco” e lamenta que a Xunta non saiba concretar a titularidade da balsa, “é a pregunta do millón”

O deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, reclamou no Parlamento ao Goberno galego a adopción de medidas urxentes que garantan a seguridade da balsa de lodos tóxicos nas instalacións da mina de San Finx en Lousame que, na actualidade, está limitada por un dique de formigón de contención “de antiga construción que se encontra nun estado pésimo de conservación”.

“É unha ameaza patente, unha balsa con toneladas de lodos tóxicos con niveis de cadmio, cobre e zinc moi por riba dos permitidos, multiplícaos por oito”, salientou Rivas, quen se preguntou “que pecado cometería a Ría de Muros-Noia para estar sometida a este risco”, como xa se viu na década dos cincuenta cun verquido “de morte” que chegou aos acuíferos que desembocan nunha das rías máis produtivas de Galiza.

Neste sentido, Rivas lembrou que “están en perigo 1.600 postos de traballo que xeran os bancos desta ría”, e lamentou que a Consellería de Medio Ambiente admita que descoñece de quen é a titularidade da balsa de lodos, ademais de negar que sexan tóxicos. “De quen é a balsa? Esa é a pregunta do millón que vostedes non responden”, subliñou o deputado.

O BNG, indicou, “non pon en cuestión a actividade mineira, senón que traemos ao Parlamento a seguridade da poboación e do medio ambiente a curto e a medio prazo”, argumentou Rivas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG