O BNG pide medidas para recuperar o stock de polbo e axudas aos mariñeiros durante a veda desta especie

Montse Prado
Montse Prado

A situación afecta a case 4.000 profesionais, un 35% da pesca artesanal

O BNG pide á Xunta que adopte as medidas necesarias para recuperar o stock de polvo que ten experimentado unha importante caída no número de descargas, agravando unha situación que se repite desde fai anos sen que o Goberno galego teña realizado estudos científicos serios para coñecer a situación desta especie clave para o sector de pesca artesanal.

Igualmente, demanda que o mes e medio de veda decretado para o cefalópodo sexa subvencionado para evitar que os mariñeiros compensen a perda de rendas derivados deste paro sobre-explotando outras especies.

“Cerca de 4.000 profesionais, o 35% da pesca artesanal, dan mostra da importancia desta especie na economía dos mariñeiros, un recursos de vital importancia para a frota de baixura polo que a caída das capturas leva acompañada unha caída dos ingresos nun ano con moitos temporais que mantiveron amarrada á frota durante moitas xornadas laborais, minguando drasticamente os ingresos”, explicou a portavoz de Pesca, Montse Prado, “desde o punto de vista económico e social, a do polbo é unha das especies máis relevantes con 600 embarcacións”.

A Consellaría do Mar acordou establecer unha veda sen ningún tipo de axuda económica para o sector, “o que ocasionará unha maior presión sobre outros recursos entrando nun círculo vicioso”, por iso o BNG demanda “medidas para a recuperación do stock de polbo galego, que non acaba de recuperarse, e que o período de veda estea subvencionado para axudar manter as rendas dos mariñeiros e evitar a sobre-explotación doutras especies”.

Prado, que lamentou o veto do PP a esta dobre proposta, salientou que Andalucía ou Portugal compensan aos seus tripulantes durante os períodos de veda, mentres Galiza ignora a súa frota.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG