O BNG pide incrementar ás franxas da mañá os subtítulos e a linguaxe de signos para persoas con discapacidade

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas acusa á dirección da CRTVG dunha  liña  informativa de  “monocultivo da axenda de Feixóo e ausencia de pluralismo político” e de estar  en campaña electoral para o  Partido popular 365 días ao ano

A deputada do BNG, Noa Presas preguntou ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo sobre a programación da Televisión de Galicia  con subtítulos ou linguaxe de signos e as medidas que está a adoptar o ente para garantir o acceso aos contidos audiovisuais  das persoas con discapacidade.

Tras a intervención de Sánchez Izquierdo , a deputada do BNG acusou  á dirección da CRTVG dunha liña informativa de “monocultivo da axenda de Feixóo e ausencia do  pluralismo político”. A CRTVG, recalou, “está en eleccións os 365 días do ano”.

 No debate da pregunta parlamentaria, a nacionalista botou man da resposta do 12 de xuño de 2018 na que a RTVG asumía o compromiso de “aumentar a programación con lingua de signos”, produto dun acordo coa consellería de Política social e despois dun ano e sabendo que o BNG  traería hoxe á comisión esta pregunta, nos anuncia a sinatura do convenio. ”Benvido sexa o acordo pero non deixa de poñer de relevo a súa  falta de compromiso” e para mostra, as cifras que acaba de facer públicas, “208 horas no global de 2018 e cun nivel similar no 2019”, máis ou menos, “catro horas á semana”, medida que cualificou  “insuficiente” ante as demandas do colectivo.

A subtitulaxe debería estar xa no 75% e a linguaxe de signos continúa na franxa do medio día cando as persoas afectadas  demandan estar informadas tamén pola maña e no serán. Parécenos unha boa noticia a incorporación da lingua de signos na franxa do serán polo que reclamou ao director da CRTVG “un compromiso para incluíla na mañá”, antes de que remate o semestre.

Nas universidades, explicou Presas, contamos con programas avanzados sobre recoñecemento de voz e lingüística computacional, “pidan colaboración” porque existen instrumentos pero falta “vontade política”.

No relativo ás dificultades  internas, a deputada reiterou que si é preciso unha categoría profesional deberían, despois de tantos anos, tomar conciencia para resolver esta circunstancia. “Pisen o acelerador para avanzar na subtitulaxe e na lingua de signos”.

A deputada volveu trasladar a solidariedade e apoio do BNG aos traballadores e traballadoras da CRTVG que esta semana enfrontan o seu “76 venres negro” en defensa dunha radio e televisión públicas plurais e sen censura informativa.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG