O BNG pide a Feijóo que cese a Quintana pola súa "pésima xestión" no plan da sardiña

Daniel Rodas acusa a Rosa Quintana de dar as costas á flota galega e asumir  un Plan  imposto polo Goberno central que conduce ao sector á   “ruína”.Plan sardiña

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas amosou hoxe a súa preocupación ante un novo plan de capturas de sardiña que prexudica gravemente os intereses da flota galega e conduce ao sector “a ruína”.

En comparecencia, ante os medios de comunicación, o nacionalista explicou que o novo Plan da sardiña non recolle os criterios reclamados polo sector e acusou ás administracións española e galega de “pésima xestión” coa administración portuguesa.

O BNG xa denunciou a "inoperancia" do Goberno galego na defensa do sector

Esta situación, dixo, xa foi denunciada polo BNG en diversas ocasións a través de iniciativas parlamentarias atopando sempre en fronte “a postura contraria do Partido popular”. Ademais, Rodas criticou que ante a graves consecuencias do novo plan, a conselleira do Mar sega máis “pendente das festas gastronómicas” que de defender a flota galega.

O deputado explicou que o Goberno do Estado trasladou un borrador que foi rexeitado polo sector que ante o que podía acontecer reclamou un encontro co Goberno galego para consesuar un plan de recuperación da sardiña. Dito plan recollía os mesmos criterios do plan do ano 2000: Reducir os días pesca, reducir os topes a 2.000 quilos por embarcación, medidas de protección de alevins capturando 500 quilos de xouba e unha veda ata cinco meses con 90 días de parada biolóxica dos que 30 serán subvencionados e 60 opcionais. O Goberno galego, unha vez máis, afirmou, fixo “caso omiso” das demandas do sector.DSC_0005

Daniel Rodas lembrou que o acordo entre o sector e a Administración galega tiña como obxectivo ser o referente do Estado ante Portugal pero non foi posible ao asinar o Goberno central e o portugués un plan alleo ás reclamacións da flota galega.

A conselleira segue de “festa en festa” ignorando os problemas do sector

Para o deputado, o acontecido merece unha resposta urxente do Goberno galego polo que pediu a retirada da orde, unha xuntanza co sector afectado e a dimisión de Rosa Quintana. O propio Feijóo e Rosa Quintana seguen de “festa en festa e de caldeira en caldeirada” ignorando os graves problemas da nosa flota.

Por outra parte, tamén cuestionou o papel do novo Secretario do Mar, Andrés Hermida que polo momento non se pronunciou sobre as negativas consecuencias do novo plan da sardiña, xa pasou coa xarda, lembrou Rodas, o Goberno galego enganou ao sector asinando unha xestión que concentra nos armadores a pesca e deixa aos mariñeiros sen os dereitos históricos, de que nos serve, preguntou, ser os mellores pescadores do Atlántico cos mellores barcos se temos os peores gobernantes que nos impiden pescar.

Rodas concluíu a súa intervención parafraseando a Castelao: “ As sardiñas volverán cando os galegos se dean conta que con este goberno imos a ruína”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG