BNG pide explicacións sobre as axudas para paliar os efectos dos temporais do mes de febreiro no marisqueo

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Rosana Pérez afirma que o sector está “moi escaldado” despois de seren rexeitadas mil solicitudes para acceder ás  axudas pola Covid

Pide a Mar un maior compromiso para que Galiza, país produtor marisqueiro de grande calidade, conte con suficientes hatchereis para sementar especies autóctonas

A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez formulou unha pregunta ao goberno sobre as axudas ás mariscadoras para paliar os efectos dos temporais no mes de febreiro.

A parlamentaria nacionalista  sinalou  que as afectados e afectados solicitaron á Consellería a habilitación de axudas directas para o sector, “axudas que aínda están agardando” ao que sumou  a crise polo impacto da Covid tras un de peche da hostalaría. Mentres se producía esta situación, a consellaría do Mar publicaba nos  medios de comunicación titulares como:  “A Xunta apoia ao sector marisqueiro despois dos  últimos temporais”, “Galiza pon a disposición do marisqueo 2 Millóns de euros”, “Mar promoverá novas axudas no caso de que se agrave a mortaldade”, “Mar anima aos afectados ás liñas de axuda”, “Mar considera inevitábel o desastre por exceso de choivas”, “Mar abre a porta de axudas  ás mariscadoras polo temporal”.

Neste sentido, Rosana Pérez, preguntou á directora Xeral de Desenvolvemento pesqueiro, “si as axudas foron suficientes e que cantidade dos 2 Millóns de euros foi executada”. Asemade, a nacionalista tamén se interesou  polas medidas da  Consellería ante os problemas detectados no inicio da campaña.

As consecuencias económicas daqueles meses, indicou a deputada do BNG, están presentes nos bancos marisqueiros e o sector quere saber se a Consellaría prevé novas axudas para aliviar estes efectos con graves   consecuencias económicas para os traballadores e traballadoras do mar.

Rosana Pérez explicou que os temporais de principios de ano afectaron á actividade marisqueira e zonas entre as que destacou: Abanqueiro, Cabo de Cruz, Vilaboa, Rianxo, Camariñas, Noia, Pontevedra, e Vilagarcía.

 Pola súa parte, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, afirmou que existen 59 proxectos aprobados de 1,5 Millóns de euros para a rexeneración marisqueira ao que a parlamentaria do BNG preguntou cantos foron presentados porque despois da experiencia das axudas para o marisqueo pola COVID, o “sector está moi escaldado” despois de seren rexeitadas máis de mil solicitudes.

“Si serán destinados á rexeneración, 1,5 Millóns de euros da totalidade das axudas con  2.200.000 euros  en que serán utilizados cerca os 600.000 mil euros restantes”? preguntou a nacionalista. A deputada repreguntou se serán convocadas novas axudas e con que destino.

Na súa intervención,  insistiu no problema derivado da falta de semente autóctona sobre o que a consellaría do Mar, tras doce anos, “non resolveu”. Dende o BNG, afirmou, non entendemos como en Galiza, un país “punteiro” na produción marisqueira e de gran calidade non conta con máis “sementeiras” para produción propia como están a facer en  Normandía ou Italia.

Por outra parte, criticou que os bancos marisqueiros contan, nalgúns casos, con proxectos de rexeneración pero  outros moitos  continúan sen apoio  aos que sumou os de “libre marisqueo”.

Rosana Pérez reiterou que o inicio da campaña está resultando “mala” polo que volveu a preguntar polas accións da consellería sobre os bancos que non conseguen recuperarse.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG