O BNG pide á dirección do PSOE que interveña para frear a moción de censura en Catoira pactada co PP

Executiva Nacional
Executiva Nacional

A dirección nacional do BNG considera de enorme gravidade o pacto PP-PSOE para impulsar unha moción de censura contra o goberno municipal do Concello de Catoira, cuxa Alcaldía está agora baixo a responsabilidade da formación nacionalista.

A Executiva nacionalista manifesta a súa sorpresa polo feito de que a menos dun mes da cita coas urnas o PSOE pacte co PP en contra do Bloque para repartirse a permanencia na Alcaldía, nunha especie de turnismo no cargo a tempos iguais. E pregunta a formación de Gonzalo Caballero se esa é a maneira que ten o Partido Socialista de entender o cambio en vésperas de celebrarse as eleccións galegas.

O BNG pide á dirección do PSOE que tome cartas inmediatas no asunto para poñer freo a esa moción de censura man a man co PP,  ao tempo que reafirma o compromiso do Bloque para conseguir un cambio real en Galiza que pasa porque o Partido Popular perda a maioría absoluta nas eleccións do cinco de abril para abrir un tempo novo que a formación nacionalista aspira a liderar como única garantía dun cambio real.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG