Parlamento Galego

O BNG pide a dimisión da secretaria Xeral de Emprego ante a perda de postos de traballo en Unitono

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas acusa a Industria de non facer “nada” polos traballadores e traballadoras e de beneficiar “cun contrato millonario” a Naturgy   

A deputada do BNG, Noa Presas alertou da ameaza de perda de postos de traballo na empresa Unitono e cualificou  de “penosa” a xestión da Xunta e da eléctrica Naturgy. A través dunha pregunta ao goberno, a nacionalista afirmou que Industria “non fixo nada” para manter o emprego dos traballadores e traballadoras de Unitono polo que pediu a “dimisión” da secretaria Xeral de Traballo, Covadonga Toca.

Tras a resposta de Toca a parlamentaria do BNG afirmou que  “Xunta está ao lado de Naturgy e os intereses das eléctricas en lugar dos traballadores e traballadoras”.

Presas iniciou a súa intervención parabenizando aos traballadores e traballadoras de Telemárketing polo éxito da folga de 24hs en defensa dos seus dereitos e amosou o seu apoio ao persoal penalizado e despedido “por enfermar”.

Ademais, denunciou a “conta atrás” para o comezo dos despedimentos en Unitono responsabilizando novamente a empresa, a Naturgy e a consellería de Industria por  “a entreter aos traballadores” sen presentar ningunha alternativa a pesar de coñecer a intención de Naturgy para a deslocalización.

A deputada lembrou que no mes de abril, o BNG denunciou no Parlamento galego a deslocalización de 131 persoas  da empresa Unitono situada no Parque tecnolóxico de Ourense. Unitono emprega maioritariamente a mulleres e conta cun tamaño medio nunha provincia cunha situación socioeconómica moi preocupante tras catro décadas de maiorías do Partido popular con  “máis pensionistas que traballadores activos e unha grande perda de poboación”.

Unitono comezou  hai dez anos traballando en exclusiva para a eléctrica Naturgy, antiga Gas Natural Fenosa. Despois de superar un ERTE 2013, desde hai máis dun ano produciuse unha baixada de chamadas. Tras varios meses, o comité de empresa constatou que a perda de actividade era produto das xestións realizadas dende Colombia e Reus.

A decisión, dixo Presas, era transparente, “Naturgy pretendía levar para Reus todo” e lembrou que o BNG impulsou diversas iniciativas  para garantir os postos de traballo e  mantemento da actividade de Unitono na súa plataforma no Parque Tecnolóxico de Ourense, máis a consellería de Industria “non tomou cartas no asunto” e agora estamos novamente ante a ameaza da perda de emprego.

Ourense, engadiu conta co 50% da gran hidráulica e Naturgy no ano 2018 obtivo un beneficio neto de “1.245 millóns de euros”. Si queren espoliar os nosos recursos que manteña os postos de traballo. Esa era mensaxe que debería envíar  a Xunta e non a contraria, asegurou a nacionalista.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG