CONGRESO

O BNG pide no Congreso a creación dunha Comisión de Investigación relativa ás presuntas ilegalidades da Casa Real

Néstor Rego
Néstor Rego
O BNG pide no Congreso a creación dunha Comisión de Investigación relativa ás presuntas ilegalidades da Casa Real

O BNG, xunto a ERC, Junts per Catalunya, PNV, EH Bildu, CUP e Compromís, presentaron a proposta de creación dunha Comisión de Investigación relativa á trama vinculada ás presuntas ilegalidades cometidas por membros da Casa Real e as influencias políticas, diplomáticas e comerciais con Arabia Saudí.

A Comisión terá por obxecto investigar as presuntas irregularidades cometidas por membros da Familia Real, así como dos seus cómplices, e as súas posíbeis influencias na política diplomática e comercial do Estado español con Arabia Saudí. En tal sentido, investigarase: 

  • A existencia de estruturas opacas, coa participación do ex Xefe de Estado, para a adxudicación de contratos comerciais. 
  • As posíbeis contas irregulares de membros da Familia Real en paraísos fiscais, os mecanismos utilizados para iso e a orixe dos fondos das mesmas. 
  • O presunto branqueo de capitais do ex Xefe do Estado. 
  • As posíbeis actividades de comisionista realizadas polo ex Xefe do Estado (e a trama vinculada), así como os coñecedores e cómplices e as consecuencias e responsabilidades derivadas das mesmas. 
  • Os beneficiarios das actividades ilícitas ou ilegais do ex Xefe de Estado, e especialmente se entre estes beneficiarios está o actual Xefe de Estado. 
  • As influencias que as relacións da Monarquía Española con Arabia Saudí puideran exercer sobre as relacións diplomáticas e comerciais do Estado español con Arabia Saudí.

Todo isto vén despois de que o Banco Mirabaud instara ao Monarca a pechar a conta, cousa que fizo, transferindo 65 millóns de euros a Corinna Larsen (actualmente Corinna zu Sayn-Wittgenstein) e un millón de euros a outra muller residente en Xenebra. As investigacións apuntan a que estas transaccións estarían vinculadas cunah actividade comisionista vinculada ao contrato de 6.300 millóns de euros do AVE á Meca que foi adxudicado a varias empresas españolas.

Estas informacións non só sinalan os negocios ocultos do antigo Xefe do Estado español, aprovechándose do seu cargo, senón que tamén sinalan un posíbel delito de branqueo de capitais. Ademai, hai múltiples declaracións de zu Sayn-Wittgenstein afirmando categóricamente que tería recibido presións e incluso amenazas por parte dos servizos secretos do Estado, supostamente para confiscar documentación comprometedora para o rei emérito. Nestos últimos días, o diario The Telegraph desvelou que o actual Xefe do Estado, Felipe de Borbón, consta como beneficiario destes cartos de dubidoso orixe, legalidade e legitimidade.

O BNG salienta que o poder lexislativo ten a obriga de investigar estes feitos para depurar as responsabilidades políticas que se poidan derivar, así como para asumir as medidas que se consideren oportunas para fiscalizar a actuación da Familia Real e persoas vinculadas e evitar que se poidan cometer actuacións ilegais e/ou ilícitas aproveitando a situación privilexiada que ocupan.