PARLAMENTO GALEGO

BNG pide compromiso ao goberno galego para frear a involución laboral das mulleres

Daniel Pérez
Daniel Pérez
Daniel Pérez lembra que  colectivo feminino foi un dos máis afectados na pandemia e abocou a un gran número de mulleres a abandonar o seu emprego para responsabilizarse dos coidados domésticos e familiares 
BNG pide compromiso ao goberno galego para frear a involución laboral das mulleres

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno sobre o impacto do mercado laboral na economía galega,  o deputado do BNG, Daniel Pérez pediu un “compromiso” ao Executivo para “frear a involución laboral das mulleres” e  políticas de emprego contra a precariedade laboral.

Sobre a ocupación do desemprego, explicou que o ano 2020 rematou cunha taxa do 12% e a perda de 21.000 postos en Galiza e no mes de xaneiro dun total de 185.984 persoas desempregadas, un 10,87% máis que no mesmo mes do ano pasado, cifra que se incrementará tras a finalización  dos ERTs.

 Ademais, dixo, , a enquisa de poboación activa (EPA) do cuarto trimestre de 2020 reflicte que, “seguimos a perder poboación activa respecto ao cuarto trimestre do 2019,  e con  respecto ao trimestre anterior, o número de activas e activos diminuíu no noso país en 3.900 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,2 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2020. No cuarto trimestre de 2020 a taxa de actividade sitúase  en Galiza  no 52,3% por debaixo da do Estado español, que se sitúa no 58,19%, unha  tendencia, afirmou o deputado, que constata un “comportamento negativo” no noso mercado laboral.

A caída da poboación activa  afectou sobre todo ás mulleres e á mocidade.

O parlamentario indicou que moitas mulleres abandonaron o mercado de traballo e no canto de rexistrarse como desempregadas pasaron a figurar como inactivas e por mor da pandemia , “moitas víronse abocadas a responsabilizarse dos coidados no ámbito  doméstico e familiar e economía informal” e ademais,  a fenda salarial entre homes e mulleres segue estando presente ao igual que  a porcentaxe de traballadoras que se acollen a unha redución de xornada por coidado de fillos ou maiores, ou  unha excedencia  e no  contexto da pandemia,  a alta  porcentaxe de mulleres que pasaron á condición de inactivas para adicarse aos coidados de menores ou persoas maiores,  representa  unha “auténtica involución para os dereitos das mulleres, e perpetúa roles machistas e patriarcais como é o de nai coidadora”.

O  deputado  sumou a esta situación a taxa de paro xuvenil “disparada “até un 26,3%  con ocupación a tempo parcial e unha grande temporalidade.

A crise da COVID19 non golpeou a todos por igual e si entende de sexos e idades.

Dende o BNG, dixo  o que nos preocupa é o futuro, como vai evolucionar o mercado laboral nos próximos meses e anos. Sobre esta cuestión,  resulta  imprescindíbel unha reflexión por parte do goberno galego e introducir sen dilación,   a perspectiva de xénero nas súas políticas. “As mulleres galegas precisan  que a Xunta faga unha análise das consecuencias económicas e sociais da pandemia, e como afectaron a este colectivo”.

As mulleres, reiterou o deputado do BNG, “xa  partían dunha situación de precariedade por tipo de ocupación, parcialidade e salario, e  coa crise sanitaria   produciuse un  retroceso nos custosos avances acadados, “volvendo a roles de xénero machistas e patriarcais, como é o de nai coidadora”. Neste sentido, lembrou que de cada “10 empregos perdidos en Galiza o ano pasado, 8 estaban ocupados por mulleres”.

Para poñer freo a esta situación, sinalou Daniel Pérez “non  valen as receitas de sempre”. Hai que avanzar  na “corresponsabilidade” para que os homes   asumamos, dunha vez por todas as nosas responsabilidades, e  iso debe ser  fomentado dende as administracións. “Só así conseguiremos a igualdade entre homes e mulleres”

O deputado pediu compromiso ao goberno galego.“ Saian da trincheira da defensa da súa xestión, fagan unha análise honesta da situación do mercado laboral,  das mulleres e da xente moza, que son os máis afectados pola crise, e adopten, en base a esa análise, políticas que eviten, no caso das mulleres, unha involución sen precedentes no ámbito laboral, social e económico”, concluíu.

 

BNG pide compromiso ao goberno galego para frear a involución laboral das mulleres