O BNG pide a comparecencia urxente de Almuíña polo falecemento dunha persoa en Dozón mentres agardaba a ambulancia

O BNG pide a comparecencia urxente de Almuíña polo falecemento dunha persoa en Dozón mentres agardaba a ambulancia

O BNG, xunto co resto dos grupos parlamentarios da oposición,  rexistrou unha solicitude de comparecencia urxente en pleno do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, despois de que os medios de comunicación informasen sobre o falecemento dunha persoa no Concello de Dozón tras esperar 45 minutos a que chegara a ambulancia.

Segundo transcendeu mediaticamente, as unidades de Lalín e Silleda atendían sendas emerxencias no momento en que se deu o aviso. Segundo o BNG, podemos estar ante un novo caso de consecuencias fatais por insuficiencia de recursos, -tres ambulancias para cubrir 1.700 quilómetro cadrados de superficie e unha poboación moi dispersa-, tendo en conta que, nestes casos, cada minuto conta.