O BNG pide o cese inmediato da Valedora do Pobo e acusa Feixóo de favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao PP

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidirá o acto de toma de posesión da nova Valedora do Pobo, Milagros María Otero Parga.
Feixóo e a Valedora do Pobo

Cualifica  de “deplorable” a intervención da Valedora do Pobo, Milagros Otero, para favorecer á irmán do portavoz do grupo  parlamentario do Partido popular, Pedro Puy e pide que dimita de “motu propio” hoxe mesmo

O BNG pide que  o cese “inmediato” da Valedora do Pobo pola súa intervención na contratación irregular da irmán do portavoz do grupo parlamentario do Partido popular e acusa a Feixóo de manter unha “actitude nepotista e caciquil” ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular.

A deputada do BNG, Noa Presas manifestou  que ante o rexeitamento do Tribunal Supremo do recurso presentado por Milagros Otero,  a  Valedora do Pobo debe “dimitir”  e anunciou que o BNG iniciou contactos co resto dos grupos parlamentarios para trasladar,  “de forma conxunta” a petición do cese  polo canle legal do Parlamento galego para que  se vote no pleno. Instamos, a que por “decencia” a propia Milagros Otero dimita de “motu propio” hoxe mesmo. Por outra parte, dixo, consideramos que  Núñez Feixóo debe desautorizala e asumir  a súa responsabilidade nesta situación que deixa nun estado “devaluado unha das institución  máis valiosas do noso país.”

A parlamentaria nacionalista recalcou que  o principal  responsable do acontecido na  contratación de María Puy Fraga  é “Núñez Feixóo” quen ademais, engadiu, mantivo  unha “actitude nepotista e caciquil ao favorecer o enchufismo dunha persoa vinculada ao Partido popular” e apoiada pola Valedora do Pobo tamén afín ao partido conservador. Presas afirmou que a Valedora  incumpriu as funcións e tarefas para as que foi elixida. O acontecido, recalcou   vai na dirección contraria da rexeneración democrática que defende Núñez Feixóo polo que debe asumir a súa responsabilidade.

Noa Presas explicou que a  Valedora do pobo é unha consecuencia do pacto entre PP e PSOE para repartirse o Consello de Contas, o Consello da RCTVG e a Valeduría do Pobo. Dende o BNG xa denunciamos, no seu día, que a Valedora, Milagros Otero non contaba co perfil idóneo para desempeñar o cargo polas súas conexións co Partido popular. Pasado o tempo, quedou demostrado que a Valedora do Pobo foi a “Valedora do Partido popular”, actuando como “conseguidora” do Partido popular.

Presas cualificou de “deplorable e inxustificable” a intervención da Valedora do Pobo, Milagros Otero, para favorecer a contratación da  á irmán do portavoz do grupo  parlamentario do Partido popular, Pedro Puy e tildou de  “escandaloso e obsceno”, dende o punto de vista democrático, o seu proceder.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG